O Portal das palabras promove a idea de decidir, colectivamente, cal é a palabra que identifica o ano que remata.Tanxugueiras, coada, gromo, resiliencia e vacinódromo eran as finalistas e foi TANXUGUEIRAS a gañadora.
O vocábulo tanxugueira non figura no Dicionario porque é en realidade un topónimo que fai referencia a un lugar con moitos teixugos. Mais hoxe, esta palabra simboliza, a través do plural tanxugueiras que lle dá nome á banda de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, o éxito da revolución que está a vivir a música tradicional galega nesta segunda década do século XXI a través de novos vieiros.
A banda galega, coa canción Terra, é unha das 14 candidatas a representar a España no Festival de Eurovisión de 2022. Os participantes competirán no concurso que se celebrará no Benidorm Fest a finais do próximo mes de xaneiro.
E xa podemos apoialas co noso voto. Pinchade na imaxe que está debaixo para votar.
Ánimo, temos que conseguilo!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario