Este curso, conmemoramos o día no centro con diversas actividades:
Proxeccións de vídeos sobre o número pi.
Experimento con número pi.
Outro número importante: o phi.
Tamén aproveitamos para responder a esa pregunta constante da rapazada de "para que valen as mates?", da man do matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón.
E sen perder de vista a reciente conmemoración do día internacional da nena e a muller na ciencia, e enmarcada no proxecto Donas de si, rendímoslle a nosa particular homenaxe á xenial Hipatia de Alexandría, a través da proxección da película Ágora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario