O martes 29 desprazámonos a Vigo para participar no campionato provincial de orientación deportiva. Foi unha xornada especial, de deporte e convivencia con outros centros, na que alumnos/as de 2º, 3º e 4º da ESO puideron competir contra outros colexios e institutos da provincia de Pontevedra facendo unha actividade diferente ao aire libre, na procura de balizas agochadas por todo o parque de Castrelos, coa única axuda dun mapa.
Puxeron a proba a súa capacidade de orientación e a súa resistencia e fixérono moi ben! De feito, o noso CPI acadou uns resultados estupendos, entre os que cabe destacar:
- O primeiro posto de Iago Álvarez Domínguez de 2º ESO C, na categoría infantil masculino, na que Iago avantaxou ao segundo corredor clasificado en máis de tres minutos.
- O primeiro posto da cadete feminino Alba Raña Rodríguez de 4º ESO A, quen avantaxou á segunda corredora en máis de cinco minutos e medio!!
- O segundo posto de Marta Gil Fernández de 2º ESO A na categoría infantil feminino.
- E na categoría cadete masculino o CPI conseguiu o segundo e o terceiro posto do podium: Alejandro Álvarez Lorenzo (segundo) e Samuel Rodríguez Rodríguez (terceiro), ambos de 4º ESO A.
Pero o resto de corredores do noso centro tamén o fixeron moi ben, xa que fomos clasificados por equipos para o campionato autonómico a celebrar en Santiago o 23 de abril, PARABÉNS A TODOS/AS!!
No arquivo adxunto podedes ver os resultados en todas as categorías e picando na foto entraredes na galería.
Ningún comentario:
Publicar un comentario