25 de out. de 2022

PREMIO NACIONAL NARRATIVA, 2022

Marilar Aleixandre foi galardoada co Premio Nacional de Narrativa 2022 pola súa obra As malas mulleres.

O xurado escolleu As malas mulleres de Marilar Aleixandre pola súa «orixinal estrutura híbrida que a converte nunha singular novela histórica sobre a situación carcelaria das mulleres no século XIX, cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe», recolle na súa acta.

Bióloga, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e feminista convencida, Marilar Aleixandre conta cunha recoñecida traxectoria literaria en lingua galega. Autora do primeiro libro de ciencias en galego, é narradora, poeta e ensaísta, ademais de catedrática de número e membro da directiva da Real Academia Galega.

O seu primeiro relato foi un conto de vampiros que sentaría a base de "Esperando aos morcegos", transformado logo na peza infantil "A formiga coxa". Despois viñeron "A expedición do Pacífico" (Premio da Crítica de Galicia 1995), "A banda sen futuro" (Premio Lazarillo de novela xuvenil en 1999), "Lobos nas illas", "A Cabeza de Medusa" e "O Coitelo en Novembro"... Entre os seus poemarios, "Catálogo de velenos" e "Desescribindo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario