11 de out. de 2023

A ORIXE DO SAMAÍN

Na noite do 31 de decembro, as portas do máis aló ábrense para que os mortos visiten o mundo dos vivos. Unha tradición  cuxa orixe  se remonta a hai máis de 3000 anos, coa celebración do Samaín.

 Samaín provén da palabra gaélica ‘Samhain’, que literalmente significa 'fin do verán'. É unha festa na que os celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno). Unha data que coincidía co final da tempada de colleita e dábase comezo a un novo ciclo.

 Críase que, durante esa noite, as almas dos defuntos volvían ao mundo dos vivos.

 Os mortais utilizaban máscaras e disfraces co fin de escorrentar aos espíritos malignos.

 Tamén deixaban alimentos nas portas das casas para contentar aos mortos. Por iso é polo que agora os nenos xogan a ‘Truco ou trato?’. Igualmente, era habitual deixar o lume aceso e a mesa sen recoller despois da cea, por se as pantasmas entraban nos fogares

 Os defuntos visitaban por estas datas as igrexas e ermidas onde se celebraban misas pola súa alma, mentres que nas casas era costume preparar alimentos aos parentes vivos, pero pensados como unha maneira de honrar aos mortos.

 As ánimas volvían así por un día ás súas vellas moradas, para quentarse xunto á cheminea e comer en compañía dos seus familiares vivos, afastando así a tristeza definitiva do camposanto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario