A Academia Sueca outorgou o premio Nobel de Literatura de 2023 ao escritor e dramaturgo noruegués Jon Fosse, recoñecido "polas súas innovadoras obras de teatro e prosa, que dan voz ao indescritible". O autor, nacido en Haugesund (Noruega) o 29 de setembro de 1959, foi considerado pola crítica como un dos dramaturgos contemporáneos máis importantes do mundo e mesmo foi clasificado por The Daily Telegraph como un dos mellores 100 xenios vivos do momento.
A súa primeira obra foi "Raudt, svart" (Rojo, negro), de 1983, que non está traducida ao español, e desde aí foi ganduxando unha traxectoria na que se atopan novelas, contos, obras de teatro ou libros infantís. Outras das súas creacións son "Mañaña y tarde", "Trilogía" ou "Septología".
Ningún comentario:
Publicar un comentario