A autora foi galardoada por ‘Klera’ no que aborda con “beleza poética temas tan crus como a guerra”, segundo o xurado.
28 setembro 2025
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2025
25 setembro 2025
24 setembro 2025
GALICIA SABE AMAR
Hoxe visitounos a "foodtruck" de GALICIA SABE AMAR para traernos, con dous petiscos de produtos do mar, o sabor das rías galegas.
Con esta campaña, a Xunta de Galicia busca animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
19 setembro 2025
II XORNADA DE SAÚDE
Hoxe, recibimos aos compañeiros do Servixo de Atención Primaria (SAP) da Cañiza, para fomentar hábitos saudables entre o alumnado.
Nesta segunda edición, os obradoiros práticos trataron sobre alimentación, prevención do tabaquismo e resucitación cardiopulmonar (RCP).
Agardamos repetir!!!
![]() |
| Para máis fotos, pincha na imaxe |
18 setembro 2025
PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2025
16 setembro 2025
ABALARMÓBIL PARA AS FAMILIAS
- Acceder aos datos persoais.
- Consultar as cualificacións.
- Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
- Consultar as faltas de conduta.
- Solicitar ou cancelar unha cita de titoría.
- Consultar avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
11 setembro 2025
PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS, 2025
Eduardo Mendoza naceu en Barcelona en 1943. Desde o seu debut en 1975 con La verdad sobre el caso Savolta —obra que marcou un antes e un despois na literatura española do século XX e pola que recibiu o Premio da Crítica—, consolidou unha carreira literaria tan prolífica como versátil.
Tras La verdad sobre el caso Savolta publicou: El misterio de la cripta embrujada, El laberinto de las aceitunas, La ciudad de los prodigios, Sin noticias de Gurb, Una comedia ligera, La aventura del tocador de señoras (2001), El asombroso viaje de Pomponio Flato, El secreto de la modelo extraviada, Tres enigmas para la Organización...
10 setembro 2025
PREMIO CERVANTES CHICO, 2025
David Lozano foi galardoado co XXIX Premio Cervantes Chico 2025, un dos recoñecementos máis prestixiosos do xénero en España, impulsado polo Concello de Alcalá de Henares.
PREMIO NACIONAL DE POESÍA, 2025
Miriam Reyes foi galardoada co Premio Nacional de Poesía 2025 pola súa obra Con.
Poeta, editora e tradutora nada en Ourense, Miriam Reyes emigrou aos oito anos a Caracas, onde estudou Letras na Universidade Central de Venezuela. Posteriormente licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universitat de Barcelona. Ademais de Con, publicou os libros de poemas Espejo negro, Bella durmiente, Desalojos, Yo, interior, cuerpo, haz lo que te digo, Prensado en frío y Sardiña.A súa obra poética está recollida no volume Extraña manera de estar viva. Desde o ano 2001 experimenta coa escritura audiovisual e o recital multimedia, levando a poesía a outros formatos e escenarios.
09 setembro 2025
PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN, 2025
Violeta Fernández Lópiz foi galardoada co Premio Nacional de Ilustración 2025.
No seu fallo, o xurado sinalou que Violeta Lópiz, ilustradora principalmente de álbum ilustrado, “ofrece un universo novo co que, a través dunha estrutura sinxela, clara e delicada, permítenos tocar con nosas propias mans outros mundos”.












