Sabedes que, dende a porta, un Papá Noel lector invítavos a elixir unha das numerosas novidades da biblioteca. Facédelle caso e entrade a ver.
14 decembro 2016
11 decembro 2016
NADAL
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) ofrece especiais de Nadal con panxoliñas, refráns, concursos, contos...
10 decembro 2016
09 decembro 2016
GAÑADOR DECORACIÓN PORTA BIBLIO
Despois da deliberación do xurado (membro do equipo da biblioteca + membro do equipo directivo + profesora de Educación Plástica + profesor/a do centro + delegados e/ou subdelegados de 4º da ESO) o proxecto gañador foi:
![]() |
| Autores: Alejandra e Ignacio de 2º B, Brian, Paula e Jéssica de 2º C e Rubén e Lily de 2º A |
O luns comezaremos a realización do proxecto e esperamos saia aínda mellor do planificado.
Veremos o resultado.
DECORAMOS A PORTA DA BIBLIO
En resposta á nosa chamada, obtivemos interesantes proxectos para decorar a porta da biblioteca.
Estes foron os finalistas. Deles sairá o gañador.
![]() |
| Autores: Alejandra e Ignacio de 2º B, Brian, Paula e Jéssica de 2º C e Rubén e Lily de 2º A |
![]() |
| Autores: Profesora e alumnos da aula PT |
![]() |
| Autor: Christopher Costa Marín |
08 decembro 2016
PARA EVITAR TRIUNFALISMOS
Os últimos resultados do informe PISA reflicten unha taxa de estudantes repetidores do 12 % como media para os membros OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, o organismo internacional responsable do informe), unha taxa amplamente superada polo ensino español (31 %), e tamén pola comunidade galega (33 %).
O dato español é tres puntos inferior que na lectura de 2012, mentres, no mesmo tempo, Galicia só recortou un punto o seu índice repetidores, co conseguinte custe social e económico que representa.
07 decembro 2016
DIN QUE MELLORAMOS... E SEN LOMCE
Este martes, 6 de decembro, publicáronse os resultados das probas PISA realizadas a 540.000 alumnos de 72 países.
No estudo internacional, que mide coñecementos en Lectura, Matemáticas e Ciencias, participaron
37.000 alumnos de ESO de 980 centros de todas as comunidades autónomas españolas no segundo semestre de 2015.
O informe, que achega por primeira vez datos de todas as comunidades, mostra grandes diferenzas de rendemento entre elas.
Se comparamos cos resultados do 2012, o
rendemento dos alumnos galegos de 15 anos mellora cinco puntos en
matemáticas (494), sobe en 10 puntos en lectura (ata 509) e mantense en
ciencias (en 512 puntos).
O país mellor clasificado nas tres áreas é Singapur con 556 puntos en Ciencias, 564 puntos en Matemáticas e 535 en Lectura. En Ciencias, ségueo Xapón (538) e Estonia (534); en Matemáticas, Hong Kong (China), con 548 puntos, e Xapón (532); e en Lectura, Hong Kong e Canadá (ambas as con 527) e Finlandia (526).E por último, só un apunte dirixido ás Administracións que inchan peito para anotarse o tanto: os alumnos de 15 anos que realizaron a proba nunca viron a LOMCE. Dá para reflexionar, non si?
Vía: Galicia press
04 decembro 2016
30 novembro 2016
PREMIO CERVANTES, 2016
Eduardo Mendoza é o gañador do Premio Cervantes 2016, o máximo galardón das letras españolas.


O xurado, segundo se recolle na acta, outorgoulle o premio porque, coa publicación en 1975 de A verdade sobre o caso Savolta, inaugura unha nova etapa da narrativa española na que se devolveu ao lector o goce polo relato e o interese pola historia que se conta, que mantivo ao longo da súa brillante carreira como novelista".

27 novembro 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









