Unha estraña presenza estamos a notar no colexio; realidade e fantasía conxúganse nun universo particular que encerra numerosos segredos.
Serán os alumnos de 1º? Chegaría con eles a comezo do curso? Acompañaraos durante todo o ano? Terán algo que ver Luz de Galego, Carme, Pablo, Xabier ou Laura de Plástica?
Desvelemos o segredo. Durante este curso, o Proxecto Interdisciplinar de 1º da ESO estará protagonizado por Dragal I - A herdanza, de Elena Gallego.
E
xa observamos o seu impacto: dragóns no vestíbulo, pegadas nas aulas,
labaradas... e conforme avance o curso todo irá a máis. Chegaremos a
queimarnos?
Pero
non somos os únicos! O
universo estase a "dragalizar" e a obra salta ao cinema, ao
cómic e aos videoxogos. A fínais deste ano as novelas gráficas chegarán ás
librarías, en 2014 poderemos ver o filme e en 2015 Dragal será un videoxogo.
E
témololo na biblioteca! Non quedes sen el!
Moito ánimo e que a maxia do Dragón vos axude a descubrir os tesouros do mundo máxico que nos rodea.
ResponderEliminarSeredes vós os que gañaredes a carreira por manter viva a lenda do noso ser fantástico?
Apertas.