¿Que rapaz de hoxe en día, chegada certa idade, non implorou, suplicou e pregou que lle compraran un móbil?
Ben o sabe Greg Hoffman que, con 13 anos, levaba tempo suspirando por un, ata que, polo último Nadal, recibiu o seu desexado iPhone.
Pero non viña só, senón que viña acompañado dun contrato redactado pola súa nai, Janell Hoffman:
"Feliz Nadal! Agora es o orgulloso propietario dun iPhone. Pero coa aceptación deste presente veñen algunhas regras e regulacións".
A nai incluíu un contrato con 18 regras a seguir se o rapaz quería conservar o seu valioso móbil. Estas son algunhas:
- Debes entregarnos o teléfono ás 19 h 30 cada día de colexio e ás 21 h a fin de semana. Estará apagado toda a noite e volverase acender as 7 h 30. Respecta os horarios das outras familias, como nós queremos que se nos respecte.
- Non irás ao colexio con el. Os días de media xornada, as excursións e as actividades extraescolares requirirán consideracións especiais.
- Se cae, se golpea ou se esfuma no aire, es o responsable dos custos de substitución ou reparación. Terás que estar preparado para este imprevisto.
- Non uses a tecnoloxía para mentir, facer parvadas ou enganar. Non te involucres en conversacións que sexan daniñas para os demais. Se un bo amigo.
- Non envíes mensaxes, correos electrónicos ou digas a alguén algo que non lle dirías en voz alta e en presenza dos seus pais. Autocensúrate.
- Non envíes nin recibas imaxes das túas partes íntimas ou das partes íntimas de calquera outra persoa. Non te rías. Algún día estarás tentado de facelo, a pesar da túa grande intelixencia. É arriscado e pode arruinar a túa vida adolescente/nova/adulta. É sempre unha mala idea.
- Perderás o rumbo. Quitareiche o teléfono. Sentaremos e falaremos sobre iso. Volveremos empezar. Ti e eu sempre estamos aprendendo. Estou no teu equipo. Estamos xuntos nisto.
"Espero que poidas aceptar estes termos. Moitas das leccións aquí recollidas non se aplican só ao iPhone, senón á vida. Estás a medrar nun mundo que cambia rápido. É apaixonante e tentador. Fai as cousas sinxelas. Confía na túa poderosa mente e no teu grande corazón por enriba de calquera máquina. Quérote. Espero que goces do teu novo e espectacular iPhone. ¡Feliz Nadal!".Fonte: EL COMERCIO.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario