Organizada polos Dptos de Ciencias, Física e Química e Matemáticas, o martes 12 de novembro ás 12:30, o alumnado de 4º de ESO poderá seguir, dende a biblioteca, a videoconferencia do Director do Programa ConCiencia, Jorge Mira Pérez (Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Dpto de Física Aplicada da USC).
Baixo o título "Como medir tamaños e distancias da terra, a lúa e o sol", Jorge Mira contaranos como fixeron os gregos para saber o tamaño do mundo que habitamos e calcular a distancia á lúa e ao sol e os seus tamaños, usando só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario