Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), tal como a acuñou Llorenç Vidal a mediados dos 60, en coincidencia co aniversario da morte violenta do Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.
No CPI da Cañiza celebramos o día cun Mercadiño Solidario. Pero ademais, dende a biblioteca ofrecemos: unha selección bibliográfica para Primaria e outra para Secundaria, marcapáxinas co préstamo e unha selección de recursos para conmemorar o día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario