xoves, 17 de marzo de 2016

CLUB DE LECTURA, 1º C

O Principiño foi a segunda lectura para o grupo do Clube de Lectura de 1º ESO C. Pasamos dos horrores provocados por unha gárgola na vida do adoslecente Jeremy, á candidez e tenrura dun pequeno ser que chega á terra vestido de Príncipe despois de visitar varios asteroides. A través da súa mirada descubrimos, entre outras cousas, os absurdos comportamentos dos adultos e, a través das súas experiencias, o valor da amistade...

Ningún comentario:

Publicar un comentario