martes, 8 de marzo de 2016

TALLERES CON KAMISHIBAI

  Na biblioteca de primaria, estanse a realizar uns talleres con Kamishibai, coa colaboración do equipo de normalización, e gracias ao Concello que nos prestou o material necesario para levar acabo esta actividade, durante o mes de marzo.
Os nenos/as colaboradores da biblioteca (alumnos/as de sexto), contanlle o conto ós nenos de infantil, nas sesions de “hora de ler”, que facemos despois do recreo.
Kamishibai, significa “Teatro de papel”, e é unha forma moi popular, dende fai varios séculos, os contos en Xapón.

   Os contos representados en Kamishibai, tocan temas e evocan sentimentos xerais dacordo coa idade dos nenos/as. As súas características e a forma de presentalo, axudan a conseguir un efecto máxico e de concentración en torno o conto.

Os nenos/as en grupo asisten a un espectáculo no que todos xuntos/as, poden gritar, rir…., compartindo os mesmos sentimentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario