18 de out. de 2016

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS, 2016



Coñecemos o premiado no ámbito das letras dende xuño, Richard Ford, pero será na segunda quincena de outubro cando teña lugar a cerimonia de entrega dos Premios Príncipe de Asturias 2016.
Escritor, xornalista deportivo, guionista e editor estadounidense, Richard Ford naceu en Jackson (Misisipi) no ano 1944.
En 1976 sae publicada a súa primeira novela, "Un anaco do meu corazón", á cal lle seguiu "A última oportunidade", traballo co que obtivo moi boas críticas, pero pobres resultados comerciais. A mediados dos oitenta, asentado na cidade de Nova York e tras ser despedido da publicación Inside Sports, Richard Ford publica a novela "O xornalista deportivo", obra coa que obtivo fama mundial e gañou un Premio Faulkner.
Uns dos seus personaxes máis famosos e protagonista de gran parte dos seus traballos é Frank Bascombre, que foi considerado un alter ego de Ford e que revive situacións autobiográficas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario