S.O.S. Onde está a miña casa?
Con motivo da conmemoración do día das bibliotecas (24 de outubro), os habitantes da nosa celebraron a súa festa particular e, algún deles, despistado entre tanta troula, non soubo volver ao seu andel.
Axúdaos a regresar á súa vivenda-libro! Como? - Busca na Biblioteca os libros aos que pertencen, nalgún deles dámosche pistas e, se segues tendo dúbidas, podes pedir axuda aos profesores, botaranche unha man.
- Anota o autor, o título e os datos que aparecen na etiqueta do lombo do libro.
- Cobre a ficha que atoparás na Biblioteca e entrégaa alí.
Animádevos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario