A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Calendario do Libro e da Lectura 2016, sinala o 24 de outubro como o día das bibliotecas.
E nós queremos celebralo co concurso "Historia dos expedientes secretos" que iremos desenvolvendo durante varias semanas.
COMEZAMOS
Á volta das vacacións de verán, o equipo responsable da biblioteca recibiu unha nota do Comité Superior de Temas Anormais (C.O.S.T.A.), na que se cursaba a orde de elaborar un dossier de información, imprescindible para un dos roubos máis complicados que está investigando.
Estamos ante un problema moi serio, alguén está en apuros e por iso precisamos a vosa axuda.
Por diante tedes cinco expedientes que debedes resolver. Iranse colgando semanalmente nas portas e no blog da biblioteca.
¡Ánimo!
SEMANA DO 17 DE OUTUBRO: Expediente 1
O primeiro paso será coñecer o espazo onde se levará a cabo a resolución das probas e o tipo de materiais que se poden utilizar.
A vosa misión será a seguinte: situar no plano o nome das distintas seccións onde están colocados os materiais.
(Pedide a ficha na biblioteca ou descargádea aquí. Entregádea unha vez cuberta)
Ningún comentario:
Publicar un comentario