A modo de anexo aos proxectos do Plan Proxecta decidimos facer un análise xeral da situación real do CPI A Cañiza coa colaboración da materia de Educación Física e seus profesores: Francisco Javier Barba, Jose Antonio Morado e Anxo Cid.
Por un lado, analizamos os hábitos e costumes alimenticias dos nosos compañeiros/as ao longo das diferentes actividades dos proxectos.
Por outra banda, quixemos analizar a composición corporal co índice de masa corporal (IMC) en función do sexo e idade.
O primeiro que fixemos foi acordar cos profesores de Educación Física a posibilidade de medir e pesar a todo o alumnado.
Posteriormente, elaboramos o protocolo para medir e pesar a todos/as nas mesmas circustancias para que fose fiable e válido o análise. Tamén os valores de referencia cos que comparamos os datos obtidos.
Nesta táboa observamos o seguinte:
Ao longo da primeira semana do mes de Xuño realizamos as medicións anotando os datos nunha folla excell.
Analizando os datos na materia de Promoción de Estilos de Vida Saudables chegamos as seguintes conclusións.
Observamos que hai un 2% do centro (226 alumnos/as analizados) no percentil inferior a 5, que se atopan nunha situación de baixo peso; un 65% que se atopa no peso normal para idade e sexo; un 19% con sobrepeso; e 13,5 % con obesidade.
Sendo críticos e observando que o 35% do alumnado está nunha situación negativa (xa sexa baixo peso, sobrepeso ou obesidade) cremos que a situación debe cambiar. Algunhas das actividades feitas ao longo dos proxectos serven para mellorar hábitos alimenticios e tamén para inculcar a práctica deportiva no tempo de ocio, e así reducir o porcentaxe de compañeiros/as con problemas de peso, evitando posibles enfermidades nun futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario