13 de nov. de 2019

PREMIO NACIONAL ILUSTRACIÓN, 2019

O valenciano Paco Giménez, de 65 anos, é o distinguido co Premio Nacional de Ilustración 2019, que fallou este mércores o Ministerio de Cultura e Deporte. 
De formación autodidacta, o ilustrador iniciou en 1974 o seu labor profesional como ilustrador e deseñador gráfico. Desde 1982 o seu traballo céntrase principalmente no sector infantil e xuvenil, coa elaboración de ilustracións para contos e novelas, así como materiais curriculares, xogos, cadernos didácticos, historietas, carteis ou exposicións.

O xurado distinguiu ao ilustrador "por manter a calidade e a frescura ao longo dunha traxectoria de máis de corenta anos cun estilo característico". Ademais, destaca "pola súa lealdade á liña e a xeometría asimilada dalgunhas das vangardas históricas das artes visuais, impulsando así a profesión e a ilustración infantil e xuvenil", sinala o comunicado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario