A galega Pilar Pallarés foi galardoada co Premio Nacional de Poesía 2019, por Tempo fósil, unha obra distinguida por transmitir “con profunda sabedoría e emoción” a experiencia da perda, segundo destacou o xurado.
Pilar Pallarés (Culleredo, A Coruña, 1957) é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como profesora de literatura galega e colabora como articulista en diversos medios, como A nossa terra, O País ou Si scrive. En 1979 o seu primeiro libro publicado, Entre lusco e fusco, gañou o premio Poesía Nova do Facho e en 1983 a súa seguinte obra, Sétima soidade, gañou o Premio Esquío.
Posteriormente publicou, entre outros, os libros de poemas: Livro das devoracions (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011), polo que recibiu o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Tempo fósil (2018), merecedor do Premio da Crítica 2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario