18 de feb. de 2020

PLAN PROXECTA DONAS DE SI - MAGO RICHARD

O CPI da Cañiza recibiu a visita do Mago Richard e o seu espectáculo de maxia e divulgación científica TECNOIGUAIS, onde os alumnos de 3º e 4º da ESO fixeron unha viaxe polas diferentes épocas e puxeron en valor a igualdade na ciencia e na tecnoloxía.
Ao longo do espectáculo viaxaron a través de diferentes tempos e percatáronse das achegas de diversas científicas e científicos da nosa sociedade. Coñeceron e reinvindicaron o papel das mulleres na ciencia, e falaron de mulleres relevantes dentro do ámbito científico, destacando o papel das mulleres galegas na ciencia, como Ángela Ruiz Robles, precursora do libro electrónico.
A través dos diferentes trucos de maxia fixeron un percorrido por inventos e aportacións feitas por mulleres e tomaron conciencia da igualdade.
https://photos.app.goo.gl/dELC6UxxnH1DEjSh7
Pincha na foto para ver máis

Ningún comentario:

Publicar un comentario