O pasado 7 de xullo reuniuse o Xurado e acordou outorgarllo ao escritor Roberto Santiago, autor, dramaturgo, guionista e director de cinema e televisión, que contribuíu decisivamente a facer atractiva e motivadora a lectura, sendo un fenómeno editorial que atrae novos lectores continuamente.
Conseguiu que miles de escolares se achegaran á lectura de forma moi positiva, como demostran o éxito alcanzado polas súas coleccións e o contacto estreito que mantén cos escolares en visitas aos centros e macro encontros. Entre as súas sagas infantís máis recoñecidas atópase a exitosa “ Futbolísimos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario