Magius, Diego Corbalán Hernández, foi galardoado pola obra Primavera para Madrid.
Este ilustrador, debuxante e guionista comezou editando fanzines en 1998 co título DD/DT, ao que seguiu Black Methal, en 2001, que editou como recompilatorio en 2012. Posteriormente publicou outros cheos de cor como Murcia, Clásicos Caninos ou Hammon, viñetas que están cheas de simbolismos e elementos icónicos. Utilizou tamén o pseudónimo Yo-Perro para historias protagonizadas por personaxes zoomorfos. O alias Magius está tomado do monxe que ilustrou varios Beatos no século X. A súa admiración por este miniaturista apréciase en moitas das páxinas das súas creacións, non só polas cores e as temáticas, senón tamén porque as súas viñetas están cheas de simbolismos e elementos icónicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario