18 novembro 2019

SEMANA DA BIBLIOTECA EN PRIMARIA



Este ano a Biblioteca de primaria, 
ten unha porta
pola que se entra a un mundo cheo de imaxinación!!!!!!!



Os neno/as disfrutaron do día da biblioteca 24 de outubro:
Fixemos unha semana de celebracións, na que todo infantil e primaria 
participou no xogo da ruleta, e para poder levar un agasallo, tería que acertar
as preguntas e pasar as probas.





































14 novembro 2019

PREMIO CERVANTES, 2019

O poeta Joan  Margarit (Lleida, 81 anos) foi recoñecido este xoves co máis prestixioso galardón das letras en todo o ámbito do español, o premio Miguel de Cervantes.
Na acta do galardón, o xurado destaca que «a súa obra poética de fonda transcendencia e lúcida linguaxe sempre innovador enriqueceu tanto a lingua española como a lingua catalá, e representa a pluralidade da cultura peninsular nunha dimensión universal de gran mestría».
    

    


13 novembro 2019

PREMIO NACIONAL ILUSTRACIÓN, 2019

O valenciano Paco Giménez, de 65 anos, é o distinguido co Premio Nacional de Ilustración 2019, que fallou este mércores o Ministerio de Cultura e Deporte. 
De formación autodidacta, o ilustrador iniciou en 1974 o seu labor profesional como ilustrador e deseñador gráfico. Desde 1982 o seu traballo céntrase principalmente no sector infantil e xuvenil, coa elaboración de ilustracións para contos e novelas, así como materiais curriculares, xogos, cadernos didácticos, historietas, carteis ou exposicións.

O xurado distinguiu ao ilustrador "por manter a calidade e a frescura ao longo dunha traxectoria de máis de corenta anos cun estilo característico". Ademais, destaca "pola súa lealdade á liña e a xeometría asimilada dalgunhas das vangardas históricas das artes visuais, impulsando así a profesión e a ilustración infantil e xuvenil", sinala o comunicado.

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2019

El día 3 (Astiberri), do guionista Miguel Ángel Giner Bou e a debuxante Cristina Durán (Una posibilidad, Cuando no sabes qué decir), foi a obra galardoada co Premio Nacional de Cómic 2019, que otorga el Ministerio de Cultura.
Para a realización desta novela gráfica, os autores baseáronse nas investigacións de Laura Ballester, reflectidas no libro Luchando contra el olvido, el largo camino de las víctimas del metro de Valencia (2015).

VISITA MUSICAL

Os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron hoxe a Escola de Música moderna da Cañiza, para asistir a un concerto didáctico.
Unha vez alí, tamén colaboraron interpretando "Imagine", xunto cos profesores da escola.
Teremos entre nós á futura Rosalía? 




11 novembro 2019

MAGOSTO 2019

Castañas, xogos, música, baile e unha festa "holi" como remate e despedida.
Pinchade na foto para ver máis e, coma sempre, estarán nos ordenadores da biblioteca para quen as queira levar.
 

02 novembro 2019

PREMIO NACIONAL POESÍA, 2019

A galega Pilar Pallarés foi galardoada co Premio Nacional de Poesía 2019, por Tempo fósil, unha obra distinguida por transmitir “con profunda sabedoría e emoción” a experiencia da perda, segundo destacou o xurado.
Pilar Pallarés (Culleredo, A Coruña, 1957) é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como profesora de literatura galega e colabora como articulista en diversos medios, como A  nossa  terra, O País ou Si scrive. En 1979 o seu primeiro libro publicado, Entre  lusco e fusco, gañou o premio Poesía  Nova  do Facho e en 1983 a súa seguinte obra, Sétima  soidade, gañou o Premio Esquío.
Posteriormente publicou, entre outros, os libros de poemas:  Livro das devoracions (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011), polo que recibiu o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Tempo fósil (2018), merecedor do Premio da Crítica 2018.