O alumnado de 1º da ESO do CPI da Cañiza realizou durante o mes de xaneiro un particular recital de poesía nas aulas de Lingua Galega. As composicións pertencían ao libro Petando nas portas de Dylan, de Antonio García Teijeiro, e como exemplo escollemos dous poemas marcados pola denuncia da guerra, da violencia e da perda da infancia dos nenos soldados. Indicados para o Día da Paz.
As voces que se escoitan son a de Gabriela Puga e Lucas de Oliveira, ambos os dous de 1ºESO-B.