martes, 7 de febreiro de 2012

COMEZA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS




A pasada semana botaron a andar as mochilas viaxeiras no CPI A Cañiza. Trátase dun divertido percorrido que todos os alumnos e alumnas de 5º curso van a poder disfrutar neste ano. Cada venres 5 nenos/as levarán unha mochila ás súas casas. Seguro que estades a preguntarvos que é o que levan esas mochilas para que se vexa a estes rapaces e rapazas tan ilusionados. Pois están cargadas de imaxinación, información, lecer e fantasía para toda a familia. Cada unha das cinco mochilas conta con libros de información para os pais, para os nenos, un de lectura para os nenos, unha revista, un cómic e libros de poesías. Todo isto para disfrutar ao longo dunha semana entre toda a familia. É un magnífico punto de encontro entre todos e para todas as idades. Esperamos que o difrutedes moito, que as coidedes e non esquezades dar a vosa opinión no caderno que hai dentro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario