mércores, 10 de abril de 2013

ESTEREOGRAMAS E CORPO HUMANO EN 3D

Sen lentes nin artefactos, só cun pequeno adestramento, podemos ver imaxes en 3D.
Trátase de estereogramas, representacións de obxectos tridimensionais de xeito que aparenten ter volume.
Para velos temos que desenfocar a vista (bizqueando, pestanexando, acercando a imaxe ata o nariz para despois alonxala ou interpoñendo un dedo entre os nosos ollos e a imaxe...) de tal xeito que as metades esquerda e dereita da imaxe se movan cara o centro.
Pratica con estas imaxes, paga a pena ter paciencia:
Un guitarrista
Dous peixes
Unha taza
Algunha imaxe máis aquí ou no vídeo que segue:
Agora, se xa es capaz de percibir as imaxes en 3D, inténtao con estes estereogramas do corpo humano:
Podedes acudir á galería completa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario