13 de maio de 2018

LUNS 14, STORY CUBES

Comeza a presentación dos xogos novos con Story Cubes. Será a profesora de Inglés, Rosalía, a encargada de facelo durante o primeiro recreo.
Se vos gustan os contos, inventar historias e tedes unha gran imaxinación, Story  Cubes é o xogo ideal.
Story  Cubes está formado por nove dados de seis caras cada un, o que fai un total de cincuenta e catro imaxes diferentes o que fan posible máis de dez millóns de combinacións posibles, o que vén ser unha cantidade infinita de posibilidades para crear historias.
Lanzade os dados e, comezando por “Era unha vez…”, inventade unha historia que involucre os 9 resultados.
Story  Cubes é en principio un xogo non competitivo, nin se gaña nin se perde, só haberá que deixar voar a imaxinación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario