24 de maio de 2018

XOVES 24, HIVE

Despois deste descanso chega Sonia de Inglés con Hive.
Posiblemente o mellor xogo para 2 persoas cun formato sorprendente: sen taboleiro, a unión dunhas pezas con outras vai dando forma á colmea.
Cada xogador empeza cunha reserva de 11 pezas hexagonales dunha cor (branco ou negro), cada unha das cales representa un insecto. En total serán 3 formigas, 3  saltóns, 2 escaravellos, 2 arañas e unha raíña. Na primeira quenda cada xogador colocará unha das súas pezas, a que queira, no centro do taboleiro, en contacto coa do seu opoñente. E por quendas poderá facer unha de dúas accións posibles: poñer en xogo unha nova peza ou mover unha colocada anteriormente. Por suposto, existen algunhas restricións: a raíña ha de ser posta en xogo nos catro primeiros quendas e un xogador non poderá mover ningunha peza ata que a súa raíña estea na colmea.


Regras de movemento.

  • A Raíña - Só poderá mover un espazo por quenda.
  • O Escaravello - Só poderá mover un espazo por quenda, coa particularidade de poder moverse por encima da colmea, anulando a calquera peza sobre a que se atope.
  • O  Saltón - Non se move ao redor da colmea. Senón que saltará calquera número de pezas ata atopar unha nova posición na que caer. Tampouvo salta por encima de ocos.
  • A Araña - Move exactamente tres  espazos por quenda. Nin un máis nin un menos.
  • A Formiga - Pode moverse ao redor da colmea a calquera nova posición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario