15 de maio de 2018

MÉRCORES 16, CÓDIGO SECRETO

Agora tócalle a Carmela, a profe de Historia, que nos ensinará a xogar a Código secreto.
Divertido e entretido xogo de espías, claves secretas, códigos descoñecidos..., todo un mundo novo de intrigas e misterios que terás que adiviñar e sortear para gañar a partida.
Os xefes de espías saben as identidades secretas dos 25 personaxes. Os seus compañeiros de equipo, en cambio,
só coñecen aos axentes a partir do seu nome en clave.
Os xefes de espías iranse alternando para achegar pistas compostas por unha soa palabra. Unha pista pode relacionarse con varias das palabras que hai sobre a mesa. Os axentes tentarán logo adiviñar a que palabras se refire o seu xefe. Cando un axente toque unha palabra, o xefe de espías revelará a súa identidade secreta. Se se trata dun dos seus axentes, estes poderán seguir adiviñando ata que queden sen ideas para a pista que lles deron ou ata que sinalen unha persoa que non sexa do seu equipo; se fallan ou se deteñen, empezará a quenda do equipo rival. O primeiro equipo en contactar con todos os seus axentes gañará a partida
A clave é: divertirse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario