venres, 10 de maio de 2013

CURIOSIDADES DO ALFABETO

O khmer, idioma oficial de Cambodja, ten o alfabeto máis longo do mundo con 72 letras das que 32 son vogais. Pola contra, a súa gramática é tremendamente sinxela comparada co castelán; non existen os tempos verbais, nin o xénero, nin o número e tampouco os artigos.
No outro extremo está o rotocas, que se fala na illa de Bougainville pertencente a Nova Guinea. O seu abecedario só contén 12 letras: cinco vogais e sete consoantes do alfabeto latino moderno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario