martes, 14 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS 2013, ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, foi un home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral.
El mesmo defíníase como:
"un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."
Para conmemorar o día mantemos a exposición sobre Rosalía coa que, no mes dos libros, conmemoramos os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. Para visitala, elaboramos unha guía didáctica e, no préstamo, regalamos un marcapáxinas.
Presentamos tamén as exposicións que difunde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, nas que se fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía de Vidal Bolaño e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida.
E ademais seleccionamos, xunto con Dinamización Lingüística, a seguinte compilación de recursos para celebrar o día:
  • Telexornal do CPI dos Dices (Rois)
  • Presentación Prezi do CEIP Condesa de Fenosa (O Barco)
          
  • Presentación do blog da bilioteca "Saturnino Hermida" do IES Concepción Arenal (Ferrol)

    View more presentations or Upload your own.

Ningún comentario:

Publicar un comentario