En datas recentes, a Asesoría de bibliotecas escolares vén de publicar a lista dos 50 títulos e 40 autores máis lidos nos Clubs de lectura durante o curso 2014/2015 e as linguas máis empregadas.
30 de dec. de 2015
28 de dec. de 2015
CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA, 2016
A Secretaría Xeral de Cultura vén de facer público o Calendario do libro e da lectura para o ano 2016 no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza.
A autora da ilustración é Tania Solla.
26 de dec. de 2015
FESTIVAL NADAL 2015
No festival de Nadal, na casa da cultura, contamos coa actuación do dúo Os Monifates: Alberto Millán Betanzos e José Piñeiro Pérez.
Ambos artistas, que contan cunha ampla traxectoria no mundo da música e no traballo de recuperación de instrumentos tradicionais galegos, explicáronos a orixe e o proceso de fabricación dalgúns instrumentos antigos.
Pero ademais, actuaron acompañados de dous bailaríns de excepción: Xaquín e Maruxa, uns monicreques.
Pero ademais, actuaron acompañados de dous bailaríns de excepción: Xaquín e Maruxa, uns monicreques.
Incluso o noso alumnado se animou a participar; algúns acompañaron aos Monifates.
Outros cantaron panxoliñas maxistralmente dirixidos por Ruta, a nosa profesora de Música.
Aínda que nada mellor que velos e escoitalos actuar.
De volta ao centro, completamos a xornada con:
- Un obradoiro de decoración do Nadal dirixido por Laura, a profe de Plástica.
- Cine na biblioteca coa película "La teoría del todo".
- E, como non podía ser doutro xeito, actividades deportivas: fútbol e baloncesto; neste último tamén se animaron algúns profesores.
16 de dec. de 2015
10 de dec. de 2015
GUÍA LECTURA, NADAL 2015
Os trasnos da biblioteca invítanvos a enredar, con eles, no mundo de
maxia e fantasía que achega a guía de lectura da ESO.
8 de dec. de 2015
NADAL
Nesta unidade didáctica pódese traballar a figura do Apalpador: a historia, caretas, siluetas para colorear, unha postal... ata a coreografía do seu baile!!!!!
24 de nov. de 2015
14 de nov. de 2015
O MUNDO DÓESE DE PARÍS
Máis dun centenar de mortos e decenas de feridos nunha cadea de atentados en París.
Horas despois, unha onda de mostras de agarimo e apoio estendeuse por todo o mundo. Edificios, públicos e privados, de todos os recunchos do planeta, tinguíronse coas cores da bandeira francesa, e nas redes sociais acumuláronse viñetas con mostras de empatía.
Do artista francés Jean Jullien |
Do arxentino Nick |
Da xornalista Clementine Sarlat |
13 de nov. de 2015
PREMIO CERVANTES 2015
O escritor mexicano Fernando del Paso foi galardoado co Premio Cervantes 2015. Cúmprese así, de novo, a lei non escrita que reparte alternativamente o galardón entre Latinoamérica e España, despois de que en 2014 recaese no escritor español Juan Goytisolo.
Del Paso é un home polifacético: escritor, debuxante, pintor, diplomático e académico, publicou poesía, teatro, contos, ensaios... e, sobre todo, tres novelas que xa están consideradas como fundamentais na narrativa iberoamericana do século XX: "José Trigo", "Palinuro de México" e "Noticias del Imperio".
3 de nov. de 2015
VIDEOCONFERENCIA PARA 3º ESO
Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego, a Coordinadora Galega de ENDL organiza o mércores 4 de novembro, de 12:30 a 13:30 horas, unha videoconferencia vía web, na que o investigador galego, Xurxo Mariño Alfonso, achegará temáticas de interese científico.
31 de out. de 2015
CLUB DE LECTURA
Os distingos grupos do club de lectura comezan a actividade.
Se queredes estar informados, seguídeos no seu blog: http://muchachadalectora.blogspot.com.es/
29 de out. de 2015
27 de out. de 2015
A BIBLIOTECA
A Biblioteca, de Jason LaMotte, conta a historia de Emily, unha nena de 13 anos, que comeza a recibir notas dun admirador secreto na biblioteca á que acode cada día.
Estas notas diríxena a vellos libros románticos que están nos estantes da biblioteca.
Quen será o autor desas notas? Será algún dos rapaces cos que comparte espazo?
19 de out. de 2015
PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS, 2015
Aínda que dende xuño coñecemos o premiado no ámbito das letras, o cubano Leonardo Padura, será o 23 de outubro cando teña lugar a cerimonia de entrega dos Premios Príncipe de Asturias 2015.
17 de out. de 2015
PREMIO PLANETA DE NOVELA, 2015
Alicia Giménez Bartlett, con Hombres desnudos e Daniel Sánchez Arévalo con La isla de Alice resultaron ser a gañadora e o finalista do Premio Planeta de novela que, como cada ano, se falla a noite do 15 de outubro.
9 de out. de 2015
NOBEL DE LITERATURA, 2015
A escritora bielorrusa Svetlana Alexiévich é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2015.
Escritora e xornalista, retratou en lingua rusa a realidade e o drama de gran parte da poboación da antiga URSS, así como dos sufrimentos de Chernóbil, a guerra de Afganistán e os conflitos do presente en obras como La guerra no tiene rostro de mujer, Los chicos de zinc ou Voces de Chernóbil.
7 de out. de 2015
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2015
A escritora Ledicia Costas gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa súa novela "Escarlatina, a cociñeira defunta", unha obra "extraordinaria, humorística e rompedora".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)