24 de maio de 2018

VENRES 25, CORTEX E VIRUS

Hoxe rematamos con dous en lugar dun. Ruta presenta Cortex e Elena Virus.
Con  Cortex  Challenge poñerás a proba as túas habilidades visuais, a túa axilidade mental, a túa capacidade..., para ser o primeiro en completar o teu quebracabezas-cerebro. Gozarás de 8 tipos de probas diferentes: memoria, labirintos, cor, coordinación, repetición, frecuencia, razoamento e probas táctiles.
Serás capaz de vencer nesta dura proba?
Con Virus terás que construír un corpo humano mentres evitas que os rivais infecten, destrúan ou rouben os teus órganos.

XOVES 24, HIVE

Despois deste descanso chega Sonia de Inglés con Hive.
Posiblemente o mellor xogo para 2 persoas cun formato sorprendente: sen taboleiro, a unión dunhas pezas con outras vai dando forma á colmea.
Cada xogador empeza cunha reserva de 11 pezas hexagonales dunha cor (branco ou negro), cada unha das cales representa un insecto. En total serán 3 formigas, 3  saltóns, 2 escaravellos, 2 arañas e unha raíña. Na primeira quenda cada xogador colocará unha das súas pezas, a que queira, no centro do taboleiro, en contacto coa do seu opoñente. E por quendas poderá facer unha de dúas accións posibles: poñer en xogo unha nova peza ou mover unha colocada anteriormente. Por suposto, existen algunhas restricións: a raíña ha de ser posta en xogo nos catro primeiros quendas e un xogador non poderá mover ningunha peza ata que a súa raíña estea na colmea.


Regras de movemento.

  • A Raíña - Só poderá mover un espazo por quenda.
  • O Escaravello - Só poderá mover un espazo por quenda, coa particularidade de poder moverse por encima da colmea, anulando a calquera peza sobre a que se atope.
  • O  Saltón - Non se move ao redor da colmea. Senón que saltará calquera número de pezas ata atopar unha nova posición na que caer. Tampouvo salta por encima de ocos.
  • A Araña - Move exactamente tres  espazos por quenda. Nin un máis nin un menos.
  • A Formiga - Pode moverse ao redor da colmea a calquera nova posición.

22 de maio de 2018

3º EN MADRID

O Rei León, o parque de atraccións, a cidade e esas profes tan "molonas"... Cando volvemos? 💖











CONTACONTOS- LETRAS GALEGAS 2018

A nosa compañeira e colaboradora de biblioteca, elaborou un conto para os máis pequen@s, que foi todo un éxito.









MOITAS GRACIAS, LUCIA !


LETRAS GALEGAS 2018

Con motivo das Letras Galegas dende a biblioteca fixemos unha feira do libro, na que todolos nen@s podían facer un intercambio de libros.
















































                        Os nen@s que participaron recibiron unha pulsera da nosa mascota.



















 Os nos@s colaboradores  reciben un   agasallo pola súa implicación coa biblioteca de primaria durante todo o curso e polo seu traballo, perdendo horas de lecer.
                                                     MOITAS GRACIAS RAPACES !

       






16 de maio de 2018