A semana pasada os alumnos de 1º da ESO experimentamos o proceso de momificación exipcio cunha vítima un tanto especial, un polo pasado de data.
Para iso, contestando un xogo de pistas sobre o traballado na aula, eliximos aos sacerdotes e sacerdotisas de Atón que, en cada clase, practicarían o proceso de conservación dos corpos.
En primeiro lugar presentamos ante os nosos deuses (Horus e Osiris) o material necesario en versión caseira: os aceites esenciais foron substituídos por aceite de bebé, as herbas aromáticas por romeu, tomiño e loureiro caseiro, e o natrón elaborado con sal e bicarbonato sódico.
Despois pasamos á acción: masaxeamos o corpo, enchémolo de herbas aromáticas e natrón, cubrímolo de natrón e envolvémolo en vendas remolladas en aceites esenciais. Así, pasará os vindeiros días ata o remate de curso, cando volveremos sobre o seu sarcófago para comprobar a súa perda de peso, o seu cambio de cor, e o seu cheiro.
Nada como aprender coa práctica!