31 de mar. de 2019

CONCURSO SELFIE LIX

Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, co patrocinio do Ministerio de Cultura y Deporte, convoca o concurso «Selfie LIX Día Internacional»
Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a biblioteca.
Haberá que:
  • Escoller unha ilustración dun personaxe ou unha escena da literatura infantil e xuvenil.
  • Facer unha fotografía que recree o personaxe ou a escena escollida.
  • Presentar a fotografía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira, indicando o título do libro ao que pertence.
ANIMÁDEVOS, temos ata o día 10 de abril.

25 de mar. de 2019

SANTIAGO JAUREGUÍZAR

Este luns, da man de "Oqueleo" Santillana, visitounos Jaureguízar e tivo unha animada charla co alumnado de 2º da ESO.
Con Lidia e William intentaron desentrañar o misterio da illa Fog do bosque pálido.

VIVA A ÓPERA

Hoxe pola mañá, o alumnado de 2º e 3º asistiu a un animado concerto didáctico.
Parece que o pasaron moi, moi ben.








23 de mar. de 2019

MARILAR ALEIXANDRE, PREMIO INTERNACIONAL


Marilar Aleixandre acaba de ser galardoada co premio á Contribución Sobresaliente 2019 que outorga a organización mundial de investigación en didáctica das ciencias. É a primeira investigadora do Estado español en recibilo.
Ademais das numersoas publicacións, Aleixandre dirixiu proxectos de investigación nas áreas de argumentación e prácticas epistémicas.
O premio é “o máis importante na área de didáctica das ciencias”. Desde a súa creación, en 1986, só o recibiron catro investigadoras europeas.

22 de mar. de 2019

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

PARA CELEBRAR O DÍA DA POESÍA , DENDE A BIBLIOTECA DE PRIMARIA
 PEDIMOS A COLABORACIÓN DOS NENOS/AS
 PARA PODER FACER UN GRAN MURAL 
SOBRE UN CIRCO DE POESÍA.

OS NENOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXERON AS LETRAS DO CARTEL 
E TIVEMOS MOITAS POESÍAS FEITAS POR NENOS/AS DE PRIMARIA 
QUE TIÑAN QUE ENTREGAR DE FORMA VOLUNTARIA o seu traballo.
Os nenos/as colaboradores da Biblioteca leron as poesías nos recreos para todos os rapaces.

.MOITAS GRACIAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!!



21 de mar. de 2019

POR PRIMEIRA VEZ

Karen  Uhlenbeck, profesora emérita na Universidade de  Texas en  Austin (Estados Unidos), converteuse na primeira muller en recibir o Premio Abel, creado en 2002 e considerado o Nobel das Matemáticas.
Unha máis superando o teito de cristal e canto por facer!

RAP CON DARÍO

Hai días, o alumnado de 4º puido compartir co noso ex alumno Darío (Darío DK, Loucost) unha clase de iniciación ao rap.
Palabra, rima, ritmo... todo con moito flow. Non parecía difícil.



 

15 de mar. de 2019

DÍA DO NÚMERO PI

Xa temos traballos gañadores do concurso, organizado polo Departamento de Matemáticas, para conmemorar este día.
E son estes.
Inés Cobas e Rebeca Vello, 1º C
Silvia Álvarez Alejandro, 2º A
 


Ana e Belén, as profes organizadoras
Pero aínda houbo máis e os alumnos de 1º C e D foraron no patio o número π
 

14 de mar. de 2019

ENTROIDO 2019, GAÑADORES SOBREMESAS

Premio á mellor presentada (Tarta tres chocolates, receita aquí)
Érika Méndez, 3º A e Jéssica Domínguez, 4º A 


Premio á máis saborosa (Tarta toblerone, receita aquí)
Claudia Rodríguez Almuíña, 2º A

Premio á sobremesa máis orixinal (Globos de chocolate, receita aquí)
Natalia Rodríguez Almuíña, 2º B

ENTROIDO 2019, GAÑADORES MÁSCARAS

1º PREMIO
Ignacio Domínguez Sendín, 4º A

2ª clasificada
Ignacio Álvarez Collazo, 4º A

3ª clasificada
Paula Rivera Domínguez, 4º A

ENTROIDO 2019, GAÑADORES DISFRACES

1º Premio

 2º Premio

 3º Premio

DÍA DO NÚMERO PI

Dende o 2009 celebramos o 14 de marzo o día de Pi, data que o Congreso de EEUU elixiu para homenaxear a este número irracional, con intención de promover as matemáticas e as ciencias na educación. Os parlamentarios escolleron ese día porque a súa escritura en inglés (3/14) coincide co valor da ilustre constante.
Máis curiosidades do número pi...
Co motivo da celebración do día, dende o Departamento de Matemáticas propón, despois da lectura dun conto, a creación dun traballo en formato libre.
Quen se anima?

13 de mar. de 2019

ENTROIDO 2019

Así o vivimos.

DISFRACES ENTROIDO 2019 on PhotoPeach

DISFRACES ENTROIDO 2019 (II) on PhotoPeach



E, coma sempre, as fotos están á vosa disposición nos ordenadores da biblioteca. Traede un pen e poderedes levalas.