27 de set. de 2013
BASES CONCURSO LIBRO DO MES
- Poderán participar os alumnos de todos os cursos de ESO.
- A primeiros de cada mes anunciarase o libro obxecto do concurso. Este poderá estar escrito en galego ou en castelán, ou se así se especifica, en ámbalas dúas linguas.
- Os concursantes deberán ler o libro e contestar a unhas preguntas que se farán públicas, na biblioteca e no blog, a mediados de mes.
- Quen responda correctamente a todas as preguntas será o gañador. Se houbese máis dunha persoa que respondese correctamente a todas as preguntas, gañará quen entregue as respostas en primeiro lugar. De persistir o empate faríase un sorteo xa que só pode haber un gañador, agás que o equipo da biblioteca decida, excepcionalmente, que poida haber máis dun.
- Cada concursante só poderá presentar unha batería de respostas.
- As respostas entregaranse na biblioteca, ao profesorado responsable.
- Se ninguén respondese correctamente a todas as preguntas, o concurso quedará deserto, é dicir non haberá gañador/a.
- O profesorado que conforma o equipo da Biblioteca será o encargado de levar a cabo o concurso.
ANÍMATE... E PARTICIPA. LER PAGA A PENA
20 de set. de 2013
DE NOVO AQUÍ!
Ola a todos!
Un curso máis, a biblioteca quere abrir unha porta á imaxinación, á fantasía, ao xogo... a través dos libros, o cine, a música, as revistas e xornais...
E non o dicimos só nós; Iniesta, Piqué ou Xavi tamén vos invitan a ler. Mirade.
Ademais insistimos, a nosa biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa, da que tamén forman parte, nais, pais, profesores e persoal non docente.
Agardámosvos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)