Amosando publicacións coa etiqueta Fotografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fotografía. Amosar todas as publicacións

21 xaneiro 2022

V CERTAME: AS IMAXES DO PATRIMONIO

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! vén defendendo a recuperación e transmisión do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués ás novas xeracións. O Patrimonio Cultural Inmaterial é o conxunto das expresións herdadas do pasado presentes nas vivencias das persoas que se encargaban de transmitilas ás seguintes xeracións.

As fotografías deberán conter imaxes de calquera aspecto relacionado co Patrimonio Cultural Inmaterial e estar tomadas en datas anteriores a 1970.

As bases aquí.

07 maio 2020

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA NO CPI A CAÑIZA

O CPI A CAÑIZA, a través do departamento de matemáticas da ESO e das titoras de 6º de Primaria, e co motivo da primeira celebración do día Internacional das matemáticas o 14 de marzo, convocou o I concurso de fotografía matemática.

Nesta primeira edición propúxoselle ao alumnado da ESO e de 6º de Primaria que puxeran en marcha a súa creatividade e imaxinación para ver, apreciar e plasmar en imaxes os múltiples aspectos do noso entorno que están relacionados coas matemáticas.

Os gañadores foron os seguintes:

Aspiral lesmática - Diego 3ºC (1º posto)

A parábola da costa - Claudia 3ºC (2º posto)

Xeopraga - Lucía 1ºC (3º posto)

Simetría natural - Sara 6ºA (1º posto)

Farase a entrega dos seus respectivos premios cando comecemos o próximo curso académico 2020-2021.
Outros participantes aquí.

Noraboa a tod@s!!

28 xaneiro 2020

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA


O CPI A CAÑIZA, a través do departamento de matemáticas da ESO e coa colaboración dos titores/as de 5º e 6º de Primaria, e co motivo da primeira celebración do día Internacional das matemáticas o 14 de marzo, convoca o I concurso de fotografía matemática.
Nesta primeira edición proponse ao alumnado da ESO e de 5º e 6º de Primaria que poñan en marcha a súa creatividade e imaxinación para ver, apreciar e plasmar en imaxes os múltiples aspectos do noso entorno que están relacionados coas matemáticas.
As bases do concurso xa foron expostas nas aulas polos seus respectivos/as profesores/as. O prazo para enviar as fotografías será ata o 11 de marzo; e éstas serán enviadas ao correo do departamento xunto co nome completo do alumno e o curso ao que pertence, ademais do título de dita fotografía no que se mencionará a relación das matemáticas co entorno.
Entre os participantes haberá unha lista de gañadores/as, aos que se lles fará entrega dun premio.
ANIMÁDEVOS!! E calqueira dúbida consultádea coas vosas profesoras e profesores de matemáticas.

05 marzo 2013

DE CAMIÑO Á ESCOLA, COMPARAMOS?

¿COMPARAMOS?
Iriamos á escola se tiveramos que sortear as incomodidades dun bicitaxi?
A UNESCO vén de inaugurar esta exposición fotográfica dedicada aos nenos que, de camiño á escola, se enfrontan a todo tipo de desafíos.

Podedes ver aquí a galería de fotos.