PICA NA IMAXE E RESPONDE Á ENQUISA
27 de maio de 2024
26 de maio de 2024
22 de maio de 2024
8 de maio de 2024
LIMPEZA E RECICLAXE
Na campaña de limpeza, reciclaxe e respecto ao medio, levamos todo o curso facendo, coas titorías, batidas no patio. E hoxe, aproveitando o bo día, tocounos ao alumnado de 1º ESO A.
Comprobade todo o que conseguimos recoller.
E recordade: NON É MÁIS LIMPO O QUE MÁIS LIMPA, SENÓN O QUE MENOS ENSUCIA.
6 de maio de 2024
VISITA DE 6º
Por fin viñeron ao cole os futuros primeiros! Foi un día intenso:
- Recibímolos na biblioteca cunha lambetada e un agasallo creado para eles, un marcapáxinas.
- Percorreron o cole guiados por coñecidos e antigos compañeiros: laboratorio, ximnasio, plástica, música e informática, aulas, algún club de lectura que estaba reunido...
- Celebraron un petisco na cafetería para coñecer a futuros amigos de procedencias diferentes: Cañiza, Crecente, Valeixe e Arbo
- Remataron a xornada cunha actividade deportiva de orientación, deseñada polos nosos profes de Educación Física.
Cremos que se conseguiu o obxectivo, perder o medo ao futuro para que poidan chegar en setembro con moita tranquilidade e ganas. Agardámolos.
4 de maio de 2024
FORMÁNDONOS
Na tarde do venres, o profesorado do CPI puido formarse en dislexia coa profesora Paula Outón Oviedo, que nos ofreceu unha visión actual e multidisciplinar deste problema de aprendizaxe.
2 de maio de 2024
1 de maio de 2024
VISITA 6º, 2024
O alumnado de 6º, de Arbo, Valeixe, Crecente e de aquí da Cañiza, vén de visita e aproveitaremos a xornada para que coñeza o profesorado e as instalacións do centro.
Convertiremos en guías aos antigos compañeiros e levarán un pequeniño agasallo que preparamos especialmente para eles.
Queremos que desexen que comece o curso en setembro!!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)