31 de out. de 2021

SAMAÍN 2021

O túnel do terror estase a converter nun clásico moi agardado; mirade as colas.

Ata nos visitaron os compañeiros de Primaria. Pinchade nas fotos para ver algunhas máis.


24 de out. de 2021

HOXE, DÍA DAS BIBLIOTECAS

A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento.

23 de out. de 2021

PREPARADOS PARA O SAMAÍN?

O cole xa se está maquillando para celebrar. Pinchade na foto  e veredes ata as portas dalgunha titoría decoradas.

Preparamos un túnel do terror que vos deixará sorprendidos e, aínda que non viremos disfrazados, podemos traer un motivo terrorífico para celebrar o día.
Toda a festa sera SÓ nas dúas últimas horas do venres.
Estades dispostos???

17 de out. de 2021

PREMIOS PLANETA DE NOVELA, 2021

'La Bestia', de Carmen Mola, gana o Premio Planeta 2021. Tras o seudónimo agochábanse tres guionistas madrileños: Jorge Diaz, Antonio Mercero e Agustín Martínez.
A novela gañadora está ambientada no Madrid de 1834, cunha epidemia de cólera de fondo. É un thriller no que un asasino en serie se dedica a matar a nenas das clases máis humildes. Os encargados de descubrir ao criminal son un xornalista, un policía e a adolescente Lucía.
A finalista foi Paloma Sánchez con Últimos días en Berlín, unha historia de espionaxe sobre un mozo que non renuncia ao soño de reencontrarse coa súa nai e o seu irmán menor, aos que se viu obrigado a abandonar fuxindo da Unión Soviética nos anos do réxime  leninista.

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2021

 

O escritor e xornalista Xesús Fraga foi galardoado pola obra “Virtudes (e misterios)”, unha obra que o xurado elixiu “por mostrar cunha prosa moi coidada a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos hostís, e penetrarnos nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América”.
Como escritor en lingua galega, cultivou o relato en “A-Z”, a novela en “Solimán” e a narración xuvenil en “Reo”.
Así mesmo, traduciu ao galego e ao castelán obras de Julian Barnes, Vladimir Nabokkov, Jack Kerouac, Anne Fine, Roald Dahl, Edith Nesbit, Sylvia Plath e Robert Macfarlane, entre outros grandes.
 

14 de out. de 2021

PREMIO NOBEL LITERATURA, 2021

 
O máximo galardón das letras universais conta cun novo gañador, o novelista  Abdulrazak  Gurnah, premiado por "os seus relatos dos efectos do colonialismo e o destino dos refuxiados no Golfo entre culturas e continentes".
Nacido en  Zanzíbar no ano 1948,  Abdulrazak  Gurnah tivo que deixar atrás o seu país nada máis cumprir a maioría de idade para buscar unha nova vida en Inglaterra. A escalada de violencia que sufriu a illa  tanzana en 1964 obrigouno a abandonar o seu país, pois toda persoa de ascendencia árabe era perseguida e  Gurnah non foi unha excepción.
Gurnah foi, ata a súa recente xubilación, profesor de literatura inglesa e  postcolonial na Universidade de Kent en  Canterbury. Comezou a escribir aos 21 anos no exilio, en inglés, a lingua da colonia. Publicou dez novelas e varios relatos breves.

10 de out. de 2021

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2021

MagiusDiego  Corbalán Hernández, foi galardoado pola obra Primavera para Madrid. 

Este ilustrador, debuxante e guionista comezou editando  fanzines en 1998 co título  DD/DT, ao que seguiu Black  Methal, en 2001, que editou como recompilatorio en 2012. Posteriormente publicou outros cheos de cor como Murcia, Clásicos Caninos ou  Hammon, viñetas que están cheas de simbolismos e elementos  icónicos. Utilizou tamén o pseudónimo Yo-Perro para historias protagonizadas por personaxes  zoomorfos. O alias  Magius está tomado do monxe que ilustrou varios Beatos no século X. A súa admiración por este  miniaturista apréciase en moitas das páxinas das súas creacións, non só polas cores e as temáticas, senón tamén porque as súas viñetas están cheas de simbolismos e elementos  icónicos.

7 de out. de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

Este 18 de outubro celebramos o Día das Escritoras, promovido pola Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM). Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. 
O día creouse para lembrar ás escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e as dificultades que tiveron para desenvolver e ver recoñecido o seu labor.
Con este vídeo, realizado por Quelibroleo, recordamos a algunha delas.
Tamén serve como homenaxe o traballo realizado en cursos pasados por Noelia Díaz e Gonzalo Rodríguez sobre "Las sinsombrero".

3 de out. de 2021

PARA OS PAIS

Continuamos coas medidas que o COVID nos impón, aínda que desexando volver á normalidade. Mentres isto non sucede, as nosas normas aquí.

A través destas vías iremos compartindo con vós novidades, imaxes, información... sobre a biblioteca, sobre o centro e sobre os seus fillos.


1 de out. de 2021

PREMIO CERVANTES CHICO, 2021

O pasado 7 de xullo reuniuse o Xurado e acordou outorgarllo ao escritor Roberto Santiagoautor, dramaturgo, guionista e director de cinema e televisión, que contribuíu decisivamente a facer atractiva e  motivadora a lectura, sendo un fenómeno editorial que atrae novos lectores continuamente.

Conseguiu que miles de escolares se achegaran á lectura de forma moi positiva, como demostran o éxito alcanzado polas súas coleccións e o contacto estreito que mantén cos escolares en visitas aos centros e macro encontros. Entre as súas sagas infantís máis recoñecidas atópase a exitosa “ Futbolísimos”.