Amosando publicacións coa etiqueta Expediente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Expediente. Amosar todas as publicacións

13 novembro 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 14 DE NOVEMBRO
"Historia dos expedientes secretos, 5"
Supoñemos que xa sabedes de que cidade se trata e onde se atopa o cadro roubado: pero, queda algo máis: buscade a dirección do lugar no que se esconde a obra roubada e entregádea na biblioteca.

06 novembro 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 7 DE NOVEMBRO
"Historia dos expedientes secretos, 4"
Xa se vai desvelando o misterio. Coñecemos o autor e a obra roubada, pero o traballo continúa, pois descoñecemos o lugar no que agora se esconde.
A semana pasada chegounos un pequeno paquete cunha gravación das cámaras do Museo. Trátase dunha conversa na que interveñen persoas en distintos idiomas: inglés, francés e galego.
A misión para esta ocasión é a seguinte: buscar as palabras que non comprendemos e traducilas.

-Segundo ordes recibidas do noso boss, o lugar no que se esconde o material do robbery está lonxe do Museum.
-Debemos connaître a forma máis rapide e sûre de le trouver.
-Eu teño as instructions para saber como chegar; trátase dunha city of the North, tamén se chama a cidade olívica e ten unha square na que oshorses se elevan sobre unha source coma se voasen.
-¿Alí mesmo se atopa o tableau?
-Si, secret in the FRAME

(Pedide a ficha na biblioteca e entregádea unha vez cuberta)

30 outubro 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 31 DE OUTUBRO
"Historia dos expedientes secretos, 3"
Descifrade a mensaxe que se agocha nos datos mesturados do correo electrónico.


  • Libro:
  • Autor:
  • Obra:
(Pedide a ficha na biblioteca ou descargádea aquí. Entregádea unha vez cuberta)

23 outubro 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 24 DE OUTUBRO
“Historia dos expedientes secretos 2”

Tras un exhaustivo rastrexo, C.O.S.T.A atopou unhas anotacións bastante estrañas que están estreitamente relacionadas coa Clasificación Decimal Universal (C.D.U.), sistema utilizado nas bibliotecas para a clasificación e ordenación dos materiais, por iso nos piden axuda. Descubride a mensaxe secreta combinando números, letras, a C.D.U e a vosa capacidade de investigación. 

  • Museo de (7)____________ Raíña Sofía 
  • Colección de (75) _________________ 
  • Rúa Santa Isabel, nº (Medio ambiente + Relixión)___________, Madrid 
  • Colección (Literatura - Linguas) ________ 
  • Planta (Física - Matemáticas) ___________ 
  • Sala ( Música + Bioloxía + Debuxo - Ciencias Sociais) ______________ 

(Pedide a ficha na biblioteca ou descargádea aquí. Entregádea unha vez cuberta)

16 outubro 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Calendario do Libro e da Lectura 2016, sinala o 24 de outubro como o día das bibliotecas.
E nós queremos celebralo co concurso "Historia dos expedientes secretos" que iremos desenvolvendo durante varias semanas.
COMEZAMOS
Á volta das vacacións de verán, o equipo responsable da biblioteca recibiu unha nota do Comité Superior de Temas Anormais (C.O.S.T.A.), na que se cursaba a orde de elaborar un dossier de información, imprescindible para un dos roubos máis complicados que está investigando. 
Estamos ante un problema moi serio, alguén está en apuros e por iso precisamos a vosa axuda.
Por diante tedes cinco expedientes que debedes resolver. Iranse colgando semanalmente nas portas e no blog da biblioteca.
¡Ánimo!
SEMANA DO 17 DE OUTUBRO: Expediente 1
O primeiro paso será coñecer o espazo onde se levará a cabo a resolución das probas e o tipo de materiais que se poden utilizar.
A vosa misión será a seguinte: situar no plano o nome das distintas seccións onde están colocados os materiais. 
(Pedide a ficha na biblioteca ou descargádea aquí. Entregádea unha vez cuberta)