30 de set. de 2016

GUÍAS BIBLIOTECA

Se queredes recordar as normas da biblioteca, xa tedes as guías actualizadas na páxina que corresponde ou picando aquí.

19 de set. de 2016

PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN, 2016


Xa en xullo coñecemos o galardoado co Premio Nacional de Ilustración 2016, Javier Sáez Castán, que recibe o galardón "pola súa capacidade para construír mundos e pola calidade das súas obras, grandes clásicos contemporáneos".
Obras súas como ilustrador e autor son Animalario universal do profesor Revillod, Picopelosplumas e o home paxaro, Pom...Pom...Pompibol!, Os tres ourizos ou O armario chinés.
Entre os libros que só ilustrou están Contos de Hoffman (Editorial Anaya), Contos para nenos, de Isaac Bashevis Singer (Editorial Anaya), A pequena cerillera e outros contos (Editorial Anaya), O valente soldado de chumbo (Editorial Anaya) e As viaxes de Gulliver (Editorial Sexto Piso).

8 de set. de 2016

A LOMCE ENTRA EN VIGOR EN TODOS OS CURSOS


BOOKTUBERS

Un booktuber, a través dos seus vídeos, comparte a súa afección e paixón pola lectura con críticas e opinións sobre libros nunha linguaxe amena e informal.
Así, coa suma de lectura, tecnoloxía, medios sociais e creatividade o resultado é o seguinte:

6 de set. de 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR, TERRITORIO DAS ARTES


Este é o lema deste curso 2016-17 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
Con el buscan que nos acheguemos aos produtos artísticos, pero tamén que nos expresemos a través das múltiples posibilidades: música, pintura, danza, literatura, fotografía...
Nesta ocasión foi Minia Regos a creadora que o interpreta.

5 de set. de 2016

FAMILIAS E PROFESORADO... SOMOS UN EQUIPO

Empecemos forte, pero xuntos.

CERVANTES CHICO, 2016

A escritora Ana Alcolea foi a gañadora da última edición do Premio Cervantes Chico, un recoñecemento que outorga o concello de Alcalá de Henares para distinguir a un escritor ou escritora de lingua castelá cuxa traxectoria creadora destacase no campo da literatura infantil e xuvenil.
Para a súa designación téñense en conta, ademais dos seus méritos literarios, criterios como a popularidade e a utilización da obra do escritor como recurso educativo e didáctico.