25 de maio de 2022

CHARLA INFORMATIVA


AVISO DA ORGANIZACIÓN: por motivos alleos a nós, é necesario CAMBIAR A DATA DE CELEBRACIÓN DA CHARLA, polo que se pasará ao VENRES 10 DE XUÑO ás 18:00 horas no edifico de primaria do CPI A Cañiza. 
Grazas a tod@s e desculpen as molestias.

24 de maio de 2022

AUTORRETRATOS

En Plástica combinaron a técnica do clarescuro coa expresividade da liña e do punto nos fondos empregados.
Artistazos!!!

23 de maio de 2022

AS MULLERES NA HISTORIA

O alumnado de 2º ESO C traballou o tema das mulleres na idade media. Analizaron o mundo das trobairitz, soldadeiras, escritoras, viaxeiras, raíñas e mulleres destacadas no campo da medicina.

Para entrar na galería pica na imaxe.

10 de maio de 2022

ROTEIRO CON 3º DA ESO

As titoras de 3º da ESO (Tania V., Lucía S. e Tere), guiadas por Barba, percorreron un tramo do sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva.
Peña de Francia, o Camiño da Raiña, a Igrexa, o Camiño de Difuntos, A Ponte... foron algúns dos puntos do percorrido.  
Serían uns 13 Km aos que o alumnado respondeu con boa forma física. Agardemos a velos mañá.
Se picades nas fogos entraredes na galería.

LETRAS GALEGAS, 2022

Florencio Delgado Gurriarán foi o autor elixido pola Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras 2022.

E hai moitas maneiras de achegarse á súa figura, aquí só algunhas:

6 de maio de 2022

OS DE 2º DA ESO EN OSEIRA E CARBALLIÑO

Con Isabel de Historia e con Conchi e Antía de Lingua Galega, visitamos, hoxe venres o Mosteiro de Oseira e a Insua dos poetas no Carballiño; un parque temático cheo de esculturas dedicadas a escritores galegos (Xela Arias, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro...).
Non só puidemos ver arte e literatura, senón tamén mostras da fermosura e importancia da nosa lingua.

APROVEITANDO A CONTORNA PARA APRENDER COS DE 1º DA ESO

Hoxe tocou en BIO aprezar a contorna e explorar con Cris e Tino, acompañados tamén por Esther e Gabriela. Un ambiente de aprendizaxe no que a natureza cobra protagonismo e, con ela, o respecto ao medio e o coñecemento do ecosistema no que estamos inmersos sen case decatarnos.

Pica para ver máis imaxes.