28 de feb. de 2018
26 de feb. de 2018
24 de Febreiro día de Rosalía de Castro
Os nen@ do Cpi a Cañiza docoraron a biblioteca de Primaria, de versos e debuxos artísticos da escritora polo seu aniversario.
21 de feb. de 2018
OS DE 1º NO MUSEO LISTE
O alumnado de 1º da ESO cambiamos hoxe, mércores 21 de febreiro, as aulas por un museo. Á primeira hora estabamos todas e todos puntualiños para iniciar a viaxe, que se fixo en autobús. Collemos rumbo á cidade de Vigo para descubrir o MUSEO LISTE.
Segundo nos explicaron, o Sr Olimpio Liste era un mestre apaixonado polas cousas antigas de tal maneira que montou primeiro un museo en Oseira, ao carón do famoso mosteiro, e mais tarde o museo etnográfico de Vigo, sito nun antigo chalé na zona da Praza de América.
Pois alí recibiunos todo o equipo que o xestiona. Os profes organizáronnos en dous grupos e as guías leváronnos polo museo, explicándonos un non acabar de historias relativas a todos eses obxectos, algúsn coñecidos outros extrañísimos; como eran os tecidos, como se fiaba e tecía, as supersticións, os oficios tradicionais...
Ao remate tivemos un tempo para explorar o parque que hai ao redor do museo e tomar a parva de mediamañá. De volta ao edifício, sentamos no chan para escoitar a Erika e os seus "instrumentos" unha chea de "chirimbolos" do máis variado (canas, potas, louza, añas, chaves...) que a xente aproveitaba para facer música e festa. Erika, a monitora, convidounos a cantar e... non o fixemos tan mal! mesmo houbo quen se animou a acompañala coa pandeireta (grande, Hugo!) Ao remate entregáronnos unha media casca de noz, un fío e un pauciño para poder facer cadaquén o seu "instrumento humilde".
Non só o pasamos xenial e nos portamos ben, senón que tamén aprendemos unha chea de cousas relativas á nosa cultura e ao noso pasado máis recente.
15 de feb. de 2018
OS NOSOS ESCRITORES
Acaba de chegar ao cole o libro do V certame de relato curto organizado por FANPA.
Entre os finalistas, o libro recolle o relato de Iolanda Gil Moreira (4º B) na categoría de Secundaria e José Manuel Rodríguez Gómez (profesor de EF) na categoría de adultos.
Animádevos a participar no VI certame se queredes ver os vosos relatos publicados.
14 de feb. de 2018
ENTROIDO 2018
ENTROIDO 2018 (I) CPI DA CAÑIZA
ENTROIDO 2018 (II) CPI DA CAÑIZA
E o broche final púxoo o noso compañerio de Educación Física, Anxo, traéndonos a tradición da man dunha pantalla de Xinzo.
Todo un espectáculo.
E xa sabedes, como cada ano, estas fotos estarán á vosa disposición nos ordenadores da biblioteca.
Só haberá que traer un dispositivo para gardalas.
12 de feb. de 2018
11 de feb. de 2018
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO
Autora: María del Álamo Ortega |
A iniciativa 11 de Febreiro pretende fomentar a organización de actividades e materiais que conmemoren o día Internacional da Muller e a nena en Ciencia en España.
Queren encher as axendas de actividades que conmemoren o día, que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxeñería e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.
7 de feb. de 2018
ENTROIDO 2018
O motivo elixido este ano, "Pobos e culturas do mundo", serviu como punto de partida para os traballos do alumnado que decoran o cole.
NOVAS
Os profesores seguen dando pistas do seu disfraz. Póñense guerreros.
Xa vos decatades? Ou aínda nada!!!!
6 de feb. de 2018
ENTROIDO 2018
Xa se comeza a notar o espírito do entroido en Secundaria.
Recordade a temática: "Pobos e culturas do mundo". O que explica algunha das ilustracións que comezan a aparecer. Haberá máis.
5 de feb. de 2018
4 de feb. de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)