31 de mar. de 2023

DESPEDIMOS O 2º TRIMESTRE

Este venres 31 despedimos a segunda avaliación coa entrega de notas e con actividades deportivas.
Tivemos unha liga de fútbol e, ademais, a final de volei, pendente dende o entroido, que se resolveu coa victoria de 2º B (enfrentábanse aos de 2º A) e 4º A (enfrentábanse aos profesores).
En canto ao fútbol, a chuvia non permitiu chegar á final, polo que queda adiaba.
Picade na foto para entrar na galería.

26 de mar. de 2023

DÍA DO LIBRO, 2023

Como aperitivo neste día podemos ver "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore", unha curta de animación gañadora dun Oscar no 2012.

25 de mar. de 2023

DÍA DO LIBRO, 2023

Dinamización Lingüística, Extraescolares e biblioteca únense para deseñar esta tarefa. A ver que resulta!

BECAS MEC, SOLICITANTES

BECAS MEC de Alba Gonzalez Viso

CAMBIO DE HORA

Esta noite non esquezades.
Este costume de atrasar o reloxo en inverno e adiantalo en verán empezouse a usar de forma xeneralizada en 1974 tras a primeira crise do petróleo. O obxectivo era poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade.
O cambio supón un aforro potencial estimado de enerxía que podería alcanzar o 5%, ao redor de 300 millóns de euros, segundo estimacións do Instituto de Diversificación para o Aforro Enerxético (IDAE).
Non obstante, non todo o mundo está de acordo con este cambio de hora. A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), insiste na importancia de non efectuar este cambio para "estar en harmonía coa luz solar".
Esta medida non só se adopta en España, senón que se leva a cabo nuns 70 países en todo o mundo; en concreto, todos os países de Europa, América do Sur, África, algunhas zonas de Estados Unidos e Canadá. É Xapón o único país industrializado que non se adaptou a esta normativa.

23 de mar. de 2023

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 

O día 27 de marzo celébrase, dende o 1961, o Día Mundial do Teatro, por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade de prestixio. O elixido este ano é o recoñecido Peter Sellars.
Algúns recursos e páxinas de interese para desenvolver o tema nas aulas:

21 de mar. de 2023

OS DE 4º, A PORTO

 O alumnado de 4º comeza a viaxe de curso. Destino, Porto.

O luns despedímolos no cole. Boa viaxe!!! 

PICADE EN GALERÍA PARA VER TODO O QUE LLES CUNDE O TEMPO. CADA DÍA IREMOS INCORPORANDO AS FOTOS NOVAS.

14 de mar. de 2023

COMO CELEBRAMOS PI?

Hoxe, para conmemorar o día, o alumnado de matemáticas de  3º e 1º D, con Lucía, fixo unha curiosa recreación do número pi nas paredes do cole. 

12 de mar. de 2023

15 DE MARZO, DÍA DO CONSUMO RESPONSABLE


O 15 de marzo de 1963, o presidente de EE.UU., John F. Kennedy, pronunciou un discurso ante o Congreso dese país no que se referiu aos dereitos dos consumidores. Algúns anos máis tarde, o movemento de consumidores comezou a celebrar cada 15 de marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor para aumentar a conciencia mundial sobre estes dereitos.
Podemos analizar a nosa actitude ante o consumo e a forza da publicidade despois de ver algún destes vídeos.




Spot publicitario de Dove que provocou unha resposta de Greenpeace na que denunciaban a deforestación do Sudeste de Asia para plantacións de aceite de palma.
Máis materiais en Datos e datas, Igualdade Vigo

DÍA DO NÚMERO PI

Dende o 2009 celebramos o 14 de marzo o día de Pi, data que o Congreso de EEUU elixiu para homenaxear a este número irracional, con intención de promover as matemáticas e as ciencias na educación. Os parlamentarios escolleron ese día porque a súa escritura en inglés (3/14) coincide co valor da ilustre constante.
Máis curiosidades do número pi...
E a celebración do IES MUGARDOS neste día

CLUB DE LECTURA, LEMOS DOUTRO XEITO

 O alumnado do club de lectura le, pero tamén crea. Mirade picando na imaxe.

8 de mar. de 2023

8M

Celebramos o día de xeito moi variado. Á nosa proposta responderon activamente as titorías.

Pero houbo máis, e, dende Tecno, acudiron aos simples datos para facernos ver a realidade máis crúa. Comparamos para sacar conclusións?

E posto que, como dicían dende Bio,
Moitos se sumaron a celebralo.
  • Investigaron con Cristina, en Bioloxía, sobre o papel das mulleres na ciencia.
  • En Lingua Galega, con Antía, o alumnado de 2º C elaborou murais sobre as nosas superheroínas.
  • E o mesmo ocorreu en Proxecto Competencial de 1º e 3º, con Silvia.
Pica nas fotos para ir á galería.
  • E o alumnado de ITI tamén aportou.

3 de mar. de 2023

DXT


Este venres 3 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha actividade dirixida pola DGT de Pontevedra, sobre alcol e drogas.

Nun primeiro momento asistiron a unha charla na biblioteca e despois, con gafas virtuais, puideron experimentar os efectos dos consumos con distintas actividades no ximnasio.







2 de mar. de 2023

8M EN SECUNDARIA

Convidamos ás titorías cunha dobre proposta:

  • O alumnado de 1º decorará plumas con cores, textos, ideas... Con elas, despois, crearemos unhas ás, coas que montaremos un "photocall" onde se poderán fotografar ata o 8M durante os recreos. Tamén decidirán unha frase que ilustre ese “fotocol” (cada grupo elixirá a que mellor os represente). De estas catro frases sairá a gañadora que ilustre a composición. O grupo gañador terá un pequeno agasallo.
  • O alumnado de 2º, 3º e 4º fará a actividade “Alza a túa voz!”. Decorarán debuxos cunha mensaxe relacionada co movemento do 8 de marzo, visibilizando algunhas das reivindicacións máis importantes. Finalmente recortarán as imaxes para facer un mural a modo de colaxe, simulando unha manifestación chea de mensaxes e reivindicacións pola igualdade real.
E xa podemos ir vendo resultados...



SEMANA DA PRENSA, DO 6 AO 10 DE MARZO