Amosando publicacións coa etiqueta ITI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ITI. Amosar todas as publicacións

13 maio 2023

A PALABRA DO CURSO EN ITI

Os de ITI tamén quixemos participar neste concurso que organiza Dinamización Lingüística. Despois dunha primeira fase de debate, a palabra que segundo eles recollía o sentir do curso era PESCUDA. O segundo paso foi crear, con PESCUDA, un deseño para a porta de Informática e aquí temos as propostas. Terminamos coa realización, entre todos, da opción máis votada que foi a de Sam Robert e Daniel GIráldez de 2º B.
Na primeira foto podemos velos coa obra xa rematada.

08 marzo 2023

8M

Celebramos o día de xeito moi variado. Á nosa proposta responderon activamente as titorías.

Pero houbo máis, e, dende Tecno, acudiron aos simples datos para facernos ver a realidade máis crúa. Comparamos para sacar conclusións?

E posto que, como dicían dende Bio,
Moitos se sumaron a celebralo.
  • Investigaron con Cristina, en Bioloxía, sobre o papel das mulleres na ciencia.
  • En Lingua Galega, con Antía, o alumnado de 2º C elaborou murais sobre as nosas superheroínas.
  • E o mesmo ocorreu en Proxecto Competencial de 1º e 3º, con Silvia.
Pica nas fotos para ir á galería.
  • E o alumnado de ITI tamén aportou.

02 febreiro 2022

DÍA DA PAZ EN ITI

O alumnado de ITI de 2º A tamén creou un decálogo para vivir en paz. Algo tarde, pero aquí o temos.


20 abril 2021

DÍA DO LIBRO, EN ITI

O alumnado de ITI deseñou marcapáxinas para conmemorar o día. Aquí unha pequena mostra dos que van saíndo.