Amosando publicacións coa etiqueta Campaña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Campaña. Amosar todas as publicacións

24 setembro 2025

GALICIA SABE AMAR

Hoxe visitounos a "foodtruck" de GALICIA SABE AMAR para traernos, con dous petiscos de produtos do mar, o sabor das rías galegas.

Con esta campaña, a Xunta de Galicia busca animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.


15 setembro 2024

BIBLIOTECA ESCOLAR, A ESCENA!

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2024/2025. O lema elixido, BIBLIOTECA ESCOLAR, A ESCEA, abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes. As bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO.

 A imaxe é obra da ilustradora e muralista Xoana Almar

25 setembro 2023

UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2023/2024. O lema elixido, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.
 A imaxe é obra de Jorge Campos ilutrador, arquitecto e artista do cómic.

08 febreiro 2023

PLAN DIRECTOR

De novo, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado imparten no centro unhas charlas dentro do programa "Plan Director para la convivencia y la Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos".

E son ben relevantes os distintos aspectos que tratan: acoso escolar, riscos asociados ao uso das redes, consumo de estupefacientes e alcol, violencia nos centros escolares.... entre outros.







06 outubro 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares deste curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.
A imaxe que interpreta este lema é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu.

17 setembro 2021

A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA

Este é o lema deste curso 2021-22 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
A imaxe que interpreta este lema é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero.
As producións que ofrece a biblioteca axudan ao alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra.

23 setembro 2020

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 
Este é o lema deste curso 2020-21 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar. Con el convidamos a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...
A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

02 outubro 2019

BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA

Este é o lema deste curso 2019-20 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
Queremos unha biblioteca que poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.

24 novembro 2018

NIN MEDIA BROMA

O Goberno lanza a campaña '#NiMediaBroma' contra a violencia de xénero na que coñecidos humoristas din "non" aos malos tratos machistas coincidindo co 25 de novembro.

15 novembro 2018

25 NOVEMBRO

 Una agresión sexual nunca es culpa de la víctima.
“Denuncia”, “plántate”, “chama ao 016”, “non te cales”. Historicamente, as campañas sobre denuncia e prevención de violencia de xénero dirixíronse á vítima e case nunca vemos campañas que sinalen ao culpable: o que exerce esa violencia.
Pero as cousas poden cambiar se as corriximos.





16 outubro 2018

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Dende o 1979 a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) proclama o 16 de outubro como o día mundial da alimentación, coa finalidade de concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.

09 outubro 2018

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Este é o lema deste curso 2018-19 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
Buscamos descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.
Nesta ocasión foi Nuria Díaz a creadora que o interpreta.

21 setembro 2017

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR

Cartel de Xosé Tomás
Este é o lema deste curso 2017-18 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
Con el buscan unha biblioteca que nos aprenda a pensar a través da literatura, da divulgación, do cine, da música, dos club de lectura... dentro e fóra das aulas.

Nesta ocasión foi Xosé Tomás o creador que o interpreta.

06 setembro 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR, TERRITORIO DAS ARTES


Este é o lema deste curso 2016-17 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
Con el buscan que nos acheguemos aos produtos artísticos, pero tamén que nos expresemos a través das múltiples posibilidades: música, pintura, danza, literatura, fotografía...
Nesta ocasión foi Minia Regos a creadora que o interpreta.

10 outubro 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR


Con esta ilustración de Patricia Castelao, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica cada ano uns carteis divulgativos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL (Internatioanl Association of School Librarianship).
No contexto das actuacións do PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) o lema elixido para este curso: LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.

01 febreiro 2012

SI QUE CHE GUSTA LER (PERO IGUAL NON O SABES)

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vén de presentar unha campaña de lectura dirixida a mozos e mozas de 14 a 18 anos.
A campaña, que leva como lema “Si que che gusta ler (pero igual non o sabes)”, baséase na idea de que os mozos len máis do que cren, especialmente cando utilizan as novas tecnoloxías.
A campaña ten como reforzo un microsite, www.siquetegustaleer.org, que inclúe, ademais de múltiples enlaces a portais, bibliotecas virtuais e blogs do seu interese, un xogo de lectura no que o usuario elixe os pasos dunha aventura e pode gañar un e-Reader.