25 de nov. de 2022

CONCURSO 25N

Dende as titorías estiveron traballando na creación de slogans e xa temos unha primeira selección.

De entre estas, en breve, sairán an gañadoras, que recibirán un agasallo.

Coas gañadoras e coas máis votadas, a concellalía de igualdade do concello fará unha intervención final que agardamos vos guste.

25 NOVEMBRO

Hoxe e sempre, dende o CPI da Cañiza...

24 de nov. de 2022

25N, 2022

Hoxe, quedou montado, no vestíbulo de Secundaria, o posto informativo que o Concello da Cañiza nos prepara para recordar a data. Grazas por contar con nós!

Mañá, durante o recreo, poderedes acceder a folletos explicativos, chapas, bolígrafos e pulseiras conmemorativas.

Esterémosvos agardando.

Pica na foto para ver máis.

20 de nov. de 2022

CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA, do 30 de novembro ao 7 de decembro

CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA, do 30 de novembro ao 7 de decembro

Outros recursos para conmemorar esta data:
  • Taller literario. Despois de analizar anuncios publicitarios moi coñecidos, respondede:
    • Onde está a clave do seu éxito?
    • Que tópicos recollen? Serven para caracterizarnos polo mundo adiante?
    • Que aspectos nos fan sentir orgullosos de ser galegos? Cales non?











  • Análise de estereotipos e posibilidade de crear un mapa similar que recolla a idea que temos de nós mesmos e dos demais. Podemos tomar como punto de partida 13 estereotipos dos españoles... de El Huffington Post.
Un mapa que, con escaso rigor científico e/ou etnográfico, recolle o que pensan os nosos veciños de nós. Acaso terán razón?

14 de nov. de 2022

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste espazo ofrecemos elementos motivadores cos que debatir e sensibilizar e, ademais, un banco de recursos. 
É importante detectar a desigualdade para loitar contra ela; só educando en igualdade a homes e mulleres estaremos contribuíndo a reducir e eliminar a secuela da violencia de xénero.
1.- "El bello Rafa Nadal", de Barbijaputa para el diario.es
Recuperamos un artigo publicado no 2016 no que a autora utiliza a forma de falar e escribir que se emprega con frecuencia para falar das mulleres deportistas.
2.- Videopoema "Inagotables" do libro Asíntota de Carlos Miguel Cortés.
Tamén podemos escoitar a versión que, no seu día, fixo o noso profe de galego Dario DK para o CPI de Mondariz.
3.- ¡Qué niña tan bonita!
Curta de Alicia Ródenas con texto de Ro de la Torre coa que se presentou á sétima edición do concurso de curtas do instituto Diego Siloé de Albacete.
Ao longo do vídeo, a moza le cen frases ás que cada muller está exposta desde a súa nenez; entre outras: "Se te ven xogar cos mozos chamaranche marimacho" ou "Non sexas tan bruta xogando, pareces un neno".
 
4.- Sexismo no deporte
"Poderías dar unha volta para nós e dicirnos algo sobre o teu vestiario?" Esta é unha de tantas preguntas que os xornalistas deportivos lles fan ás atletas e que recolle a campaña #CovertheAtlete.
Pois ben, como reaccionarían eles de seren tratados do mesmo xeito?
5.- As nenas poden
Campaña que nos invita a todos para que a igualdade desde a infancia sexa un obxectivo prioritario.
6.- De par... en par
Trátase da campaña do SAAMA (Servizo de Apoio e Atención contra o Machismo). Cos textos de Neus Nebón  e as ilustracións de Tania Acuña, este vídeo serve como test a todas esas condutas do día a día que forman parte da pirámide machista que remata na violencia contra as mulleres.
7.- Como actuamos ante a violencia machista?
Todo o mundo rexeita, sen ningún tipo de paliativos, a violencia contra as mulleres. Pero, que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?

A compañía sueca STHLM Panda decidiu comprobar a reacción da xente ante a violencia de xénero. Cunha cámara oculta instalada nun ascensor, un home ameaza e agride a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Abonda con ver o vídeo para comprobar que, aínda que a opinión e actitude da maioría cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 vítimas da cámara oculta reacciona ante a agresión.
Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.

8 de nov. de 2022

MAGOSTO, 2022

Estabamos preocupados polo tempo, pero deixounos facer o magosto na data prevista.
Tivemos xogos tradicionais, festa holi e, por suposto, castañas.
Mirade, mirade, algún está irrecoñecible.

5 de nov. de 2022

XA ESTÁN AÍ... A PARTICIPAR!!!

Os departamentos de Extraescolares, Dinamización Lingúística, Educación Fïsica e Orientación non paran.

  • Extraescolares, Dinamización  e Educación Física planificando o magosto, se non chove...
  • Orientación pensando no 25N.

4 de nov. de 2022

NOVEMBRO, XIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


MATERIAIS
Os homenaxeados son Evariste Galois e Ángeles Alvariño González.
Évariste Galois cambiou as matemáticas, pero tamén a Arte, a Física, a Química, a Xeoloxía inventando o concepto de grupo e aínda o de grupo de Simetría.
En canto a Ángeles Alvariño , ferrolá, deu nome ao buque oceanográfico español e fai coa súa vida en Galicia e EE.UU. unha busca polos novos coñecementos oceanográficos e novas especies mariñas. Primeira científica en traballar en barcos de exploración españois e británicos.

GAÑADORES CONCURSO RELATO TERRORÍFICO

3 de nov. de 2022

CONCURSO NADAL

  DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA
Ao igual que fixemos en cursos pasados, queremos decorar a porta da biblioteca para o Nadal coa vosa colaboración.
Bases:
  • Participantes: a participación será individual ou en grupo (máximo 4 persoas).
  • Prazo: a data límite para entregar o proxecto será o 1 de decembro ás 14:30 horas.
  • Tema: o Nadal. 
  • Procedemento: realizarase o deseño nun folio no que, ademais, se expliquen os materiais empregados na súa realización. Lembrade que ha de ser papel, cartón, cinta, algodón, ou calquera material fácil de conseguir e económico.
  • Xurado composto por:
  • Un membro do equipo da biblioteca.
  • Un membro do Equipo Directivo.
  • O profesor de Educación Plástica e outro profesor/a do centro.
  • Un delegado ou subdelegado elixido de entre os non participantes.
  • Gañador: elixirase un único premiado de entre todos os traballos presentados. 
  • Premios:
  • Realización do deseño na porta da biblioteca.
  • Un vale para material escolar nunha librería do pobo.

 Aquí tedes algún modelo:

Gañadora 2020

Gañadora 2019

Gañadora 2018
Gañadora 2017
Gañadora 2016