Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións

16 novembro 2025

OCHO SEÑALES, NOELIA MÍGUEZ

 

Un ano máis, o alumnado de 3º tivo a oportunidade de escoitar a Noelia Míguez. A autora presenta Ocho señales, un relato autobiográfico que detalla a relación de abuso, psicolóxico e físico, que case lle custa a vida.

Noelia, a través do libro, busca concienciar á sociedade sobre a violencia de xénero, para que poidamos recoñecer os sinais de alerta nas relacións abusivas.


28 setembro 2025

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2025

Leire Bilbao, premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2025, cunha obra editada únicamente en euskera.

A autora foi galardoada por ‘Klera’ no que aborda con “beleza poética temas tan crus como a guerra”, segundo o xurado.

Klera, en realidade, é un libro coral, como suxiren os seis nomees na súa portada. Leire Bilbao é a escritora do conto, ilustrado por June San Sebastian. Ademais, conta con música de Maite Larburu e coreografías de danza da compañía Kukai, dirixida por Jon Maya, e gravadas en vídeo por David Bernués, aos que se accede a través de códigos QR integrados nas ilustracións.

18 setembro 2025

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2025

Candela Sierra, Premio Nacional de Cómic 2025 por ‘Lo sabes aunque no te lo he dicho’, un repaso gráfico con ironía e intelixencia ás manías da sociedade contemporánea.


11 setembro 2025

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS, 2025

Eduardo Mendoza foi galardoado co Premio Princesa de Asturias das Letras 2025, un recoñecemento á súa decisiva achega á narrativa contemporánea en lingua española.

Eduardo Mendoza naceu en Barcelona en 1943. Desde o seu debut en 1975 con La verdad sobre el caso Savolta —obra que marcou un antes e un despois na literatura española do século XX e pola que recibiu o Premio da Crítica—, consolidou unha carreira literaria tan prolífica como versátil.

Tras La verdad sobre el caso Savolta publicou: El misterio de la cripta embrujada, El laberinto de las aceitunas, La ciudad de los prodigios, Sin noticias de Gurb, Una comedia ligera, La aventura del tocador de señoras (2001), El asombroso viaje de Pomponio Flato, El secreto de la modelo extraviada, Tres enigmas para la Organización...

10 setembro 2025

PREMIO CERVANTES CHICO, 2025

David Lozano foi galardoado co XXIX Premio Cervantes Chico 2025, un dos recoñecementos máis prestixiosos do xénero en España, impulsado polo Concello de Alcalá de Henares.

O seu debut literario foi en 2006, cando gañou o premio Gran Angular coa novela Donde surgen las sombras. Desde entón, cultivou un estilo propio, centrado no suspense e a intriga, especialmente dirixido a un público xuvenil. Obras como Hyde, Cielo Rojo, Valkiria ou a triloxía La Puerta Oscura consolidaron a súa reputación.

PREMIO NACIONAL DE POESÍA, 2025

Miriam Reyes foi galardoada co Premio Nacional de Poesía 2025 pola súa obra Con. 

Poeta, editora e tradutora nada en Ourense, Miriam Reyes emigrou aos oito anos a Caracas, onde estudou Letras na Universidade Central de Venezuela. Posteriormente licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universitat de Barcelona. Ademais de Con, publicou os libros de poemas Espejo negro, Bella durmiente, Desalojos, Yo, interior, cuerpo, haz lo que te digo, Prensado en frío y Sardiña.

A súa obra poética está recollida no volume Extraña manera de estar viva. Desde o ano 2001 experimenta coa escritura audiovisual e o recital multimedia, levando a poesía a outros formatos e escenarios.

29 maio 2025

OCHO SEÑALES

Hoxe visitounos Noelia Míguez para falarnos de Ocho señales, un relato autobiográfico que detalla a relación de abuso, psicolóxico e físico, que case lle custa a vida.
Noelia, a través do libro, busca concienciar á sociedade sobre a violencia de xénero, para que poidamos recoñecer os sinais de alerta nas relacións abusivas.
Arrepiante experiencia que soubo transmitir a un auditorio de 3º entregado.

13 outubro 2024

DÍA DAS ESCRITORAS, 2023

O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España e distintas asociacións desde 2016. Con ela buscan reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, polo que este ano celebrarase o 16 de outubro. 

"Nesta edición o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que pretenden facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio". 

Desde a biblioteca visibilizaremos a obra das escritoras galegas a través da exposición e lectura de fragmentos cos que se busca incentivar a investigación, a exploración e a creación...

Aquí unha recompilación de fragmentos posibles:

Con estes vídeos recordamos a algunha delas.

10 outubro 2024

PREMIO NOBEL DE LITERATURA, 2024

A surcoreana, Han Kang, foi a elixida polo Comité do Nobel da Academia sueca como gañadora do máximo galardón das letras universais en 2024.

A elixida é unha voz recoñecida internacionalmente e que achega ao Nobel un golpe de actualidade, a que os seus libros e temas puxeron sobre a mesa.

‘La vegetariana’, ‘La clase de griego’', ‘Actos humanos’ e ‘Blanco’ son as obras fundamentais da escritora asiática traducidas ao castelán.



25 setembro 2024

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2024

A escritora asturiana Mónica Rodríguez foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2024 por Umiko (Diego Pun Edicións), ilustrado por Daniel Piquera Fisk.

O xurado destacou Umiko por “a sonoridade, dominio dos rexistros, pola beleza do relato e pola capacidade para conectar co público ao que vai dirixido e ao que acolle e atrapa desde o principio”.


21 setembro 2024

PREMIO NACIONAL DE POESÍA, 2024

María Jesús Pato Díaz (Chus Pato) foi galardoada co Premio Nacional de Poesía, correspondente ao ano 2024, pola súa obra ‘Sonora’.

O xurado destacou ‘Sonora’ por “ser unha obra experimental e unha conversación entre o poema e a morte, aquela que, tras a orfandade da nai, arrastra aos lectores cara aos abismos da propia liñaxe".

Chus Pato, nacida en Ourense en 1955, é autora de varios títulos polos que recibiu outros galardóns como o Premio Nacional da Crítica Española, na súa modalidade de poesía galega e é, ademais, una das poetas galegas e en galego de maior proxección internacional.

Algunha das súas obras: "M-Talá", "Charenton", "Secesión" ou "Carne de Leviatán".

23 outubro 2023

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2023

Pilar Adón gañou o Premio Nacional de Narrativa 2023 pola súa obra "De bestias y aves".

É a cuarta novela de Adón, a historia dunha muller ferida pola perda da súa irmá nun accidente de automóbil ao que ela mesma sobreviviu. 

A narradora decide entón fuxir do seu duelo, e, na súa fuga acaba en Betania, unha comunidade utópica formada exclusivamente por mulleres que practican un culto ancestral, illadas do resto do mundo e rodeadas dunha paisaxe característica dominada pola vexetación, por unha roca que oculta o sol e por un lago que delimita o seu espazo de convivencia. 

16 outubro 2023

PREMIO PLANETA, 2023

Sonsoles Ónega foi a gañadora do premio Planeta, ​​cunha novela titulada "Las hijas de la criada". Alfonso Goizueta foi finalista con "La sangre del padre".

A novela gañadora mergúllanos, coa cadencia das historias narradas xunto ao lume, nun apaixonante relato nun remoto pazo de Galicia.
Unha noite de febreiro de 1900, recentemente estreado o século XX, no pazo de Espírito Santo chegan ao mundo dúas nenas, Clara e Catalina, cuxos destinos xa estaban escritos. Con todo, unha vinganza inesperada sacudirá para sempre as súas vidas e as de todos os Valdés.
Dona Inés, matriarca da saga e fiel esposa de don Gustavo, deberá sobrevivir ao desamor, á dor do abandono e ás loitas de poder ata converter á súa verdadeira filla en herdeira de todo un imperio, nunha época na que ás mulleres non se lles permitía ser donas das súas vidas.

A finalista, La sangre del padre, é unha novela épica sobre o home que quixo salvar aos pobos da tiranía en aras da liberdade. Tras o asasinato do seu pai, Alejandro ascende ao trono de Macedonia. Acaba de herdar non só o título, senón tamén o deber de saír vitorioso na misión que lle reclama o seu pobo: arrebatar aos persas as terras que unha vez foron gregas e devolverlles a liberdade. Con todo, non pode deterse aí; levará a cabo unha empresa moito máis ambiciosa. Quere conquistar Babilonia, Persépolis e todas as cidades no seu camiño cara ao leste, ata vencer ao último rei aqueménida, o temible Darío, e acabar co Imperio persa para sempre.
Sabe que é o seu destino. Só el pode logralo, só el pode conquistar o mundo; só el é Alejandro Magno.

07 outubro 2023

PREMIO NOBEL LITERATURA, 2023

A Academia Sueca outorgou o premio Nobel de Literatura de 2023 ao escritor e dramaturgo noruegués Jon Fosse, recoñecido "polas súas innovadoras obras de teatro e prosa, que dan voz ao indescritible". O autor, nacido en Haugesund (Noruega) o 29 de setembro de 1959, foi considerado pola crítica como un dos dramaturgos contemporáneos máis importantes do mundo e mesmo foi clasificado por The Daily Telegraph como un dos mellores 100 xenios vivos do momento.

A súa primeira obra foi "Raudt, svart" (Rojo, negro), de 1983, que non está traducida ao español, e desde aí foi ganduxando unha traxectoria na que se atopan novelas, contos, obras de teatro ou libros infantís. Outras das súas creacións son "Mañaña y tarde", "Trilogía" ou "Septología".

29 setembro 2023

PREMIO NACIONAL DE POESÍA, 2023

A poeta galega Yolanda Castaño foi galardoada co Premio Nacional de Poesía, pola súa obra "Materia", unha "poderosa proposta poética na que cada estado da materia se expresa nun ton propio".

O xurado destacou que Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1974) mostra en Materia unha poesía "metafórica" que dialoga coa "memoria persoal e colectiva" e que é "directa, radical e feminista".

Castaño comezou a mediados dos anos 1990 publicando poemas soltos, e foi en 1995 cando viu a luz a súa ópera prima, "Elevar as pálpebras". Os seus seguintes poemarios, "Delicia" e "Vivimos no ciclo das Erofanías", tiveron unha excelente acollida de público e crítica. A autora escribe exclusivamente en lingua galega, pero ela mesma se traduce á lingua castelá, polo que a maioría das súas obras se atopan en ambas as linguas.

22 setembro 2023

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2023

Francisco Javier Zubizarreta Dorronsoro, coñecido como Patxi Zubizarreta, foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2023 polo seu libro Zerria, escrito en vasco.

O xurado destacou a súa obra “pola excepcional calidade narrativa e a potencia desafiante do relato con descricións hipnóticas que reflexionan sobre a condición humana. Pola mestría dun relato capaz de remover e conmover a nosa conciencia, a nosa memoria e o noso presente”. Así mesmo, o xurado sinalou que “Zubizarreta, coa súa exquisita delicadeza e elegante escritura consegue atopar a beleza na ferida e converte a literatura para o público xuvenil nunha pedra preciosa”.

09 decembro 2022

LIBROS QUE BUSCAN LECTORES, 2022

Como cada ano, nestas datas, chegan as nosas recomendacións. Se pasades o rato por riba da imaxes hai máis información.
Boas lecturas!!!!

16 outubro 2022

CONCURSO MES BIBLIOTECAS

Tes ata o 4 de novembro para participar

PREMIO PLANETA DE NOVELA, 2022


Luz Gabás foi a gañadora do premio Planeta, ​​cunha novela titulada "Lejos de Luisiana". Cristina Campos foi finalista con "Historias de mujeres casadas".

"Lejos de Luisiana" é unha historia histórica -tres das catro novelas que publicou Gabás son históricas- que se desenvolve no século XVIII durante o período no que este territorio pertenceu a España. Conta a historia de amor entre un indio e unha colona. Trátase dunha novela coral, na que os personaxes se ven maltratados por acontecementos que acabarían cambiando o mundo.

"Historias de mujeres casadas" é tamén unha historia de amor, neste caso contemporáneo e, como indica o seu título, é sobre todo unha historia de mulleres. Campos explicou que o seu libro comeza con tres mulleres da súa idade que se coñecen nun ambiente laboral. "Iso axúdame a diseccionar a historia dos seus matrimonios, pero tamén a intimidade e o desexo feminino", dixo. Unha delas coñece a un home na rúa e o que comeza como un xogo acaba converténdose en algo que cambia a súa vida.


10 outubro 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

Celébrase este ano 2022 baixo o lema "Antes, durante e despois das guerras".  Carmen Domingo, a comisaria desta edición, fai unha selección de textos que  “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.

Desde as bibliotecas escolares queremos que se visibilice tamén a obra das nosas escritoras, para o que ofrecemos unha recompilación de fragmentos de escritoras galegas.