30 de abr. de 2014

CELEBRAMOS O MES DO LIBRO ELABORANDO MARCAPÁXINAS

Entre as actividades que fixemos para celebrar o mes do libro en infantil e primaria destaca á de confección de marcapáxinas.
Nestas fotos podedes ver que chulos quedaron!





26 de abr. de 2014

DÍA DA POESÍA

Aquí poderedes descubrir os recitados dese día:

20 MINUTOS, "HORA DE LER"

Nesta semana do libro, queremos celebrar a nosa "hora de ler" cun vídeo promocional que alumnos de 1º fixeron con Xabier (profesor de Lingua Galega e do equipo de biblioteca).

Dende o curso 2010-2011 e co obxectivo de crear ambientes lectores, empezamos con este tempo de vinte minutos diarios de lectura libre e silenciosa en horario lectivo.
Despois de tres anos, é unha actividade tan asumida e consolidada que xa nin nos cuestionamos, e que reporta uns beneficios incalculables na adquisición das competencias do noso alumnado.

25 de abr. de 2014

OS 40 PRINCIPAIS EN GALEGO

En datas recentes, desde a Asesoría de bibliotecas escolares solicitáronnos aos centros PLAMBE a relación de títulos galegos que se incluían nos itinerarios lectores (é dicir, os libros de lectura recomendada desde os departamentos para o presente curso escolar).
Das respostas recibidas seleccionaron os "40 principais"; os 40 libros galegos que máis se repetían.

18 de abr. de 2014

ABRIL, MES DOS LIBROS

Abril é o mes dos libros por dúas datas significativas:
Coma en anos anteriores, Bibliotecas escolares agasállanos con este marcapáxinas con texto orixinal de Paco Martín. Pódese descargar aquí.
E nós celebrámolo con actividades que iremos desenvolvendo ata finais de maio:
  • Aproveitando a "DRAGALIZACIÓN" que levaron a cabo os alumnos de 1º, realizaremos unha exposición sobre iteratura fantástica que se poderá ver no vestíbulo. Aquí a guía didáctica para a súa visita. 

  • Concurso na biblioteca de ESO no que deberedes identificar os autores que se agochan tralas caricaturas. Tamén ofrecemos pistas para facelo. 


  • Creación dunha historia para esta curta sobre libros e lectura.
  • Visionado do programa "Días de cine" de TVE celebraron o día do libro do 2013 cunha reportaxe con escenas de películas nas que aparecen os libros e a lectura.

17 de abr. de 2014

GABO, IN MEMORIAM

O escritor colombiano Gabriel García Márquez morreu en México aos 87 anos. Foi Premio Nobel en 1982 e da súa obra, tan extensa como destacada, podemos salientar como as máis celebradas e coñecidas: La hojarasca, Cien años de soledad, El coronel no tiene quien le escriba, El otoño del patriarca, El amor en los tiempos del cólera, Crónica de una muerte anunciada, Doce cuentos peregrinos...
A obra de Gabriel García Márquez considérase fundamental para entender a literatura en español do século XX e a súa influencia estendeuse a varias xeracións de escritores rompendo as barreiras propias do idioma.
Algunha das frases e citas cheas de maxia que recollen os seus pensamentos:
"O deber revolucionario dun escritor é escribir ben."
"Desconcértame tanto pensar que Deus existe, como que non existe."
"No hai medicina que cure o que cura a felicidade."
"Ofrecer amizade ao que busca amor é dar pan ao que se morre de sede."
"O éxito non llo desexo a ninguén. Sucédelle a un o que os alpinistas, que se matan por chegar ao cumio e cando chegan, que fan? Baixar, ou tratar de baixar discretamente, coa maior dignidade posible."
"O máis importante que aprendín a facer despois dos corenta anos foi a dicir non cando é non."
"O único que me doe de morrer, é que non sexa de amor."
"Non creo en Deus, pero téñolle medo."
Achégate á biblioteca e poderás ler os seus libros:
E tamén podedes ver o documental que, de Cien años de soledad, realizou o Ministerio de Cultura de Colombia.

15 de abr. de 2014

LIBROS DO MES DE ABRIL

  
1º e 2º de ESO               3º e 4º de ESO
Descargar preguntas:

LÚA DE SANGUE

Nunha excepcional eclipse que durou 78 minutos, o noso satélite natural pasou da cor marrón ao vermello lume, semellando unha lúa sanguenta.
Posto que en España só os canarios puideron ver o inicio do fenómeno, a CNN ofrécenos un time-lapse co mellor condensado nun minuto:

7 de abr. de 2014

A HISTORIA DE PANDORE


Dende infantil e primaria queremos dar a coñecer ao trasno Pandore, a nosa mascota, para eso, coincidindo coa conmemoración do día do libro, queremos publicar un libriño que recolle imaxes e datos da vida dalgúns dos seres que viñeron á nosa biblioteca con ganas de quedarse a vivir nela.

Os amigos de Pandore


Tamén convocamos un concurso entre o alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria para coñecer a auténtica historia de Pandore:



GUÍA DE LECTURA DE PRIMAVERA

Mónica Carretero
Xa temos as propostas de lectura para a primavera e aquí as tedes:

4 de abr. de 2014